La concejala popular Encarna Amigo acusa a los socialistas de “desgana y oscurantismo” así como de “despreciar a los grupos de la oposición” a la hora de participar en la elaboración del programa ya que “ol lógico sería que, para hacer unas fiestas de todos, se contase también con las aportaciones de todos”
O Grupo Popular lamenta que a menos dun mes de que comece o San Froilán os socialistas “en vez de ter pechado o programa estén completando, a poucos, o cartel das festas”. A concelleira popular Encarna Amigo acusou ao equipo de goberno de “desgana e falta de ideas á hora de preparar o cartel dunha das citas festivas máis importantes do outono galego”. “A estas alturas debería estar todo pechado pero quedan moitos flecos pendentes” lamentou a concelleira do PP.
A edil afirmou que o retraso na difusión do programa na súa totalidade restará afluencia de público ás patronais indicando que “se tiña que ter impreso xa en verán para distribuilo nos principais focos de atracción como son o norte de Portugal, as cidades coas que estamos irmanados así como na rede de albergues do camiño”.
Encarna Amigo considera que “o feito de non ter programas e cartelería dificulta a súa promoción o que podería restar afluencia de público”. De feito na páxina web oficial do San Froilán, así como nas contas de twitter e facebook, pódese ler neste apartado que aparecerá “PROXIMAMENTE” algo que para a popular “é unha clara evidencia de que os socialistas non están á altura para organizar a cartelera dunha festa declarada de interese turístico Galego e Nacional”. “Son incapaces de facer as cousas en tempo e forma”, manifestou Amigo quen insistiu en que “o goberno de Lugo improvisa ao máximo”.
A edil lamenta que “a falta de ilusión do goberno local por potenciar o San Froilán repercuta na categoría da festa xerando unha percepción de que hoxe para Lugo é mellor o Arde Lucus que o patrón”. “Aquí non se trata das preferencias que teña o concelleiro de turno, hai que respetar as tradicións e dárlle o protagonismo que merecen” reflexionaba a popular.
Outro aspecto que os populares criticaron foi o “oscurantismo e o desprezo absoluto do goberno socialista aos grupos da oposición” xa que continuan facendo oídos xordos a calquera suxestión para mellorar o cartel de concertos así como o resto da programación festiva. “Todos os anos esperan a última hora para cerrar a planificación polo que perden a oportunidade de traer actuacións de tirón”, resumiu a edil.