InfraestructurasTráficotransparenciaUrbanismo

El PP critica que las contradicciones entre Méndez y Arrojo deja decenas de vehículos secuestrados en un aparcamiento privado

By 7 agosto, 2019No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide ponen de manifiesto que las incongruencias del gobierno bicéfalo de PSOE y BNG provocan el caos en un aparcamiento privado de Lugo, ya que en tan sólo un mes emitieron tres decretos diferentes, firmados por tres concejales diferentes, contradiciéndose y dando diferentes plazos al propietario para corregir las deficiencias

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica a falta de criterio e de comunicación existente no goberno bipartito de Lugo xa que o peche dun aparcadoiro realizado onte na Milagrosa, desvelou que no prazo de cinco semanas, dende o goberno local deron tres ordes diferentes aos propietarios do negocio.

 

Antonio Ameijide sinala que o 28 de xuño de 2019, Lara Méndez deu un prazo de tres meses aos propietarios deste establecemento para corrixir as deficiencias detectadas, pero menos de un mes despois, o 26 de xullo, Rubén Arroxo decide dar un prazo de dous días aos propietarios para que pechen o establecemento ou, pola contra, “procederase ó precinto do establecemento pola Policía Local”, segundo se pode ler no decreto.

 

Pero aquí non acaban as contradicións do goberno bipartito de Lugo, xa que o 2 de agosto o concelleiro Miguel Couto outorga de novo un prazo de tres meses aos propietarios para presentar o título habilitante.

 

Ante esta situación, Antonio Ameijide afirma que queda patente que “hai unha falta total de comunicación” no goberno local de Lugo, unha falta de comunicación que provoca problemas aos cidadáns, como onte lle sucedeu aos máis de 20 lucenses que viron como non puideron retirar os seus vehículos, que quedaron “secuestrados” tal e como afirmaron algúns dos afectados, por mor das “decisións contrapostas do goberno bicéfalo de Lugo”.

 

Por iso, o concelleiro popular preguntará ao goberno local polos motivos desta decisión e pola falta dunha solución alternativa para os afectados, xa que ata esta mañá non puideron retirar os seus vehículos, algo para o que só se lles concedeu un prazo de 30 minutos, “sen ter en conta se a situación persoal e laboral de cada afectado lles permitiría acudir no prazo outorgado” para recuperar o seu vehículo.

 

O concelleiro popular denuncia que a falta dun plan alternativo para dar algún tipo de solución aos lucenses afectados “foi lamentable” xa que se deron casos como o duns pais que se quedaron na rúa cos seus fillos menores, xa que non puideron regresas a casa. O problema radicaba en que ninguén os podía levar xa que non tiñan cadeiras adaptadas ás idades dos menores, ao que hai que engadir que os taxis non están obrigados a ter cadeiras para menores. A isto se suma que algún afectado tiña hoxe consulta médica, consulta para a que levaba máis dun ano agardando e tiña toda a documentación precisa no interior do vehículo.

 

Ante esta situación, Antonio Ameijide pregunta ao goberno local a que tipo de responsabilidade patrimonial se expón o Concello de Lugo, xa que os afectados poden emprender diferentes reclamacións xa que estiveron afectados de diferente xeito e en diferentes graos.

 

Incluso, o popular culpa ao goberno bipartito local de non prever este tipo de situacións e preparar un plan alternativo para evitar que os cidadáns se teñan que enfrontar a este tipo de situacións “nas que non teñen ningún tipo de responsabilidade e son os principais afectados”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies