El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que este lucense presentó diversos escritos ante el Ayuntamiento de Lugo solicitando la limpieza de estas hincas y el único que obtuvo fue un constante silencio mientras la maleza sigue invadiendo la parte trasera de su vivienda
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, faise eco das “reiteradas queixas” presentadas por un veciño do Barrio Feijoo ante o Concello de Lugo despois de levar varios anos pedindo que se limpen as fincas que hai na parte traseira da súa vivenda xa que invaden por completo a súa casa.
Antonio Ameijide explica que este veciño presentouse en numerosas ocasións no Concello de Lugo, no que presentou ata 9 escritos dende o ano 2013, para solicitar que o goberno local cumpra coa lei de prevención de incendios, xa que a maleza que invade por completo as fincas que hai trala súa vivenda “son un foco potencialmente perigoso” xa que falamos da parte interior dun patio de mazá, o que, en caso de incendio, provocaría un perigo enorme para todas as vivendas xa que, ademais, é de difícil acceso.
Os primeiros escritos presentados por este lucense datan de agosto de 2013, que tiveron réplicas en 2015, 2017 e 2019, obtendo sempre un “silencio demoledor” por resposta, mentres a maleza seguía a medrar e a invadir a parte traseira da súa vivenda.
O concelleiro popular insta ao goberno local “a tomar cartas no asunto” xa que pese a que as fincas poidan ser de titularidade privada, o goberno local ten que cumprir coas súas competencias e corrixir a situación. Neste senso, explica que ante o elevado risco de incendio, derivado da gran acumulación de maleza, o Concello de Lugo, en cumprimento da actualización da lexislación autonómica de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ten que realizar “a execución subsidiaria de acordo co establecido no artigo 22 desta lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador”.
O caso hoxe denunciado dende o Grupo Municipal Popular é so un dos moitos que se suceden na cidade, como os xa denunciados na zona de Fontiñas ou en diversas parroquias da zona rural. “É evidente que non falamos dun problema que xurdiu hai uns días. O goberno local leva anos sen cumprir as súas obrigas legais e cos lucenses”, sentenciou.