Servicios sociales

El PP denuncia que el bigoberno pierde una ayuda de 6.000€ por no organizar los talleres de la juventud para los que se concedió la subvención

By 2 diciembre, 2019No Comments

La concejal del Grupo Municipal del PP Cristina Abades desvela que el pasado 24 de octubre el bigoberno se vio en el deber de renunciar la esta subvención puesto que no desarrollaron el taller dirigido a la juventud, lo que demuestra que no se preocuparon por poner ningún tipo de actividad en marcha

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Cristina Abades, desvelou que o bigoberno local renunciou a unha subvención de case 6.000€ da Xunta de Galicia en materia de xuventude.

Cristina Abades explica que o Concello de Lugo recibiu unha axuda de 5.989€ da Xunta de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas aos mozos durante o ano 2019, e o 31 de maio deste ano se publicou no DOG a resolución na que se concedía esta axuda ao Concello de Lugo.

A concelleira popular sinala que estas subvencións se conceden para desenvolver diferentes tipos de programacións dirixidas á mocidade, consistentes no fomento do emprendemento, a divulgación de hábitos saudables e a prevención de conductas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, a dinamización da información para a xuventude ou a promoción de actividades creativas e innovadoras. Outros dos ámbitos aos que se dirixen estas achegas son iniciativas que busquen a inclusión social e laboral e a accesibilidade dos mozos e mozas, o impulso da participación e empoderamento das mulleres, a conservación e posta en valor do medio ambiente e do patrimonio natural e cultural, o desenvolvemento da dinamización do medio rural e a creación de espazos para a comunicación e as novas tecnoloxías.

O Concello de Lugo presentou un “obradoiros pedagóxicos sobre participación” e a subvención concedida polo goberno autonómico ao Concello de Lugo tiña como fin a realización de obradoiros gratuítos durante os meses de xuño, xullo e agosto, cursos dirixidos a mozos de entre 16 e 35 anos. “Durante os meses de verán é fundamental ter todo tipo de actividades formativas ou de ocio para dar saídas ao tempo libre da cidadanía”, dixo.

Cristina Abades lamenta que finalmente o bigoberno local tivera que renunciar a esta subvención o 24 de outubro debido a que non desenvolveron ningún tipo de obradoiro, a pesar de que dende o goberno local se xustificaron alegando “falta de participantes”. “Resulta curioso que o bigoberno se escude na falta de participantes para realizar os obradoiros cando, precisamente, o curso que presentaron tiña como obxectivo a sensibilización na participación. Está claro que non se preocuparon por poñer en marcha esta iniciativa o que demostra o pouco interese en proporcionar a mocidade actividades”, afirmou.

Casa da xuventude: mínima actividade
A concelleira popular engade que este verán, durante unha visita á casa da Xuventude municipal, “sorprendeunos” que non había programación de cursos formativos e de lecer nos meses de verán para mozos de 14 a 35 anos. “Deberían ter alternativas de lecer para todas as idades, é a súa obriga como goberno local”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies