
El PP denuncia un nuevo problema derivado de una fuga de aguas fecales en la parroquia de Pías.
Os veciños levan meses sufrindo “os malos cheiros e os vertidos que caen por detrás da igrexa parroquial formando unha charca, están contaminando a zona, e co tempo, por filtración poderían acabar desaugando na A- 6 xerando problemas de seguridade viaria” .
O concelleiro popular recorda que non é a primeira vez que os veciños de Pías teñen problemas derivados do mal funcionamento dun saneamento financiado co Plan E criticando que “esta chapuza socialista provoca fugas de forma permanente”. O ano pasado a fuga foi en Porto de Lugo “tamén aquí un colector de saneamento vertía ao exterior augas fecais. Neste caso tratábase dunha zona moi próxima a varias vivendas e ao regato que pasa por esta parroquia de Lugo”.
O concelleiro popular recordou que a obra do saneamento de Pías “naceu con mal pé”. López explicou que o Concello de Lugo tardou dous anos e medio en poñer a funcionar o saneamento xa que non tiña coñexión eléctrica “esa falta de previsión paralizou o servizo durante ese periodo polo que a instalación puido deteriorarse por estar sen actividade”.
As obras recibíronse en decembro de 2011 e ata o verán de 2014 non estiveron operativas. O custe foi de 576.430€ a maiores dos preto de 100 euros que pagaron os veciños por engancharse a rede.
Manuel López asegura que “hai malestar entre a veciñanza porque o servizo de saneamento funciona mal e porque cada vez que hai fugas o concello tarda unha eternidade en arranxalas”. “Moito nos tememos que non será a última que denunciemos” concluiu o popular.