CulturaSin categoría

El PP exige a Méndez que garantice el futuro de la Escuela de Música

By 7 febrero, 2018No Comments

La popular afirma que “en vez de estar hablando de ampliar un servicio que goza de buena salud nos encontramos con un nuevo sobresalto que pone en riesgo la supervivencia de esta dotación así como de la Banda Municipal”

A concelleira do Grupo Popular Encarna Amigo esixe ao goberno local que tome as decisións necesarias para garantir a continuidade da Escola de Música. O rechazo, por parte do Tribunal Supremo do recurso interposto polo Concello á sentenza contra a ampliación da xornada para que os músicos poidan dar clases, preocupa ao Partido Popular. Amigo afirma que este é “outro varapau xudicial máis á errática política de Persoal á que tanto o anterior goberno como o actual nos teñen condenado aos lugueses.

A edil popular explicou que pedirá explicacións, en comisión, sobre o futuro a curto e a medio prazo tanto da Escola de Música como da Banda Municipal “queremos coñecer se os socialistas teñen un plan B que garantice a súa supervivencia”. Encarna Amigo insiste en que se clarifique en que situación van quedar os traballadores e alumnos tras coñecerse a sentencia e se logo deste mandato judicial está en perigo de desaparición a Escola de Música.

A concelleira popular lamenta que o conflicto laboral que hai enquistado no Concello tamén se cebe con estes servizos lembrando que  “o persoal leva 3 años cobrando con reparos de legalidade”.

“Queremos que sexan tan áxiles para solucionar os problemas laborais deste colectivo como o foron para crear a praza da Dirección Xeral de Recursos Humanos” conminando aos socialistas a que actúen coa  mesma celeridade que o fixeron con este cargo político.  “Se teñen interese en manter o nivel da Escola de Música e da Banda  sexan responsables e traballen para que non se desmantele”.

A concelleira do Partido Popular lembrou como “en 2011 o Partido Popular promoveu en pleno a creación da Escola Municipal de Música, agora traballaremos por que non desapareza”, subliña.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies