Economíatransparencia

El PP exigirá que el pleno de Lugo reclame a Sánchez que pague el dinero que le debe a los lucenses

By 15 septiembre, 2019septiembre 26th, 2019No Comments

El portavoz popular Ramón Carballo pide a Lara Méndez que “sea valiente” y que se desmarque de Pedro Sánchez y del Secretario del PSdG sumándose la esta iniciativa “para solucionar el bloqueo de un dinero que nos corresponde y que se estima en 1.000 M€ de deuda a las entidades locales”

O voceiro do Grupo Popular pide á alcaldesa que se posicione e demostre “se defende os intereses dos lucenses ou se, pola contra, é complice da falta de vontade política de Pedro Sánchez que retén as transferencias que lles corresponden aos concellos de forma inxustificada”.

Para os populares este bloqueo do Goberno de España supón unha amenaza á economía municipal xa que ao non recibir do Estado as transferencias previstas podería afectar á elaboración dos orzamentos xa que “descoñecemos cales son os medios económicos dos que disporemos”. O popular manifestou que Sánchez utiliza a mesma coartada que coas Comunidades Autónomas para frear a entrega deste diñeiro e que no caso de Galicia se cuantifica en 700 millóns de euros.

Ramón Carballo tamén cuestionou as disculpas de Sánchez para bloquear estes cartos xa que “afirma que non pode transferir o diñeiro porque goberna en funcións cando esta circunstancia non lle impediu aprobar os decretos dos venres sociais”.
Deste xeito, o popular defendía a proposición que o seu Grupo Municipal presentou para debatir en pleno e que consta de catro apartados: No primeiro reclaman á corporación esixa ao Goberno de España que faga efectivas as obrigacións económico financieras que ten contraídas coas entidades locais.
O segundo punto da proposición é reclamar ao goberno central os recursos necesarios para apoiar o esforzo orzamentario que fan as entidades locais para atender o incremento das retribucións dos empregados públicos.
Outra petición desta proposición é solicitar a convocatoria urxente da Comisión Nacional de Administración Local para dar conta das razóns da situación creada e acordar solucións inmediata así como dar traslado destos acordos á Presidencia e Vicepresidencia do Goberno de España, aos voceiros dos Grupos Políticos do Congreso e Senado, así como ao Ministerio de Facenda.

Carballo rematou pedíndolle á alcaldesa de Lugo que sexa valente e que se desmarque de Pedro Sánchez e do Secretario do PSdG e se sume, sen paliativos, a esta proposición na que se reclama unha solución ao bloqueo de un diñeiro que nos corresponde”. A abstención ou o voto contrario sería indefendible, sería como dicirlle aos cidadáns de Lugo que a súa alcaldesa négase a que lle den aos veciños e veciñas o que é deles”.

O voceiro dos populares manifestou que “apoiar esta iniciativa é o mínimo que lle podemos pedir ao bigoberno de Lugo”. “O lóxico é que un partido que preside a Federación Española de municipios teña unha especial sensibilidade con este asunto”, concluiu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies