El PP considera “un desprezo á zona rural” que el gobierno de Lugo rechazase adherirse al convenio de incendios de la Xunta para prevención de incendios. El edil del PP lamenta que Lugo sea uno de los cuatro ayuntamientos de la provincia que no se sumó a este programa autonómico.
O concelleiro popular quere saber os motivos polos que a alcaldesa de Lugo desbotou acollerse a esta subvención do goberno autonómico cando no último mandato de Méndez Lugo contou todos os veráns con dúas brigadas financiadas polo goberno autonómico (excepto no 2015 que só tivo unha porque foron incapaces de constituir unha segunda brigada) para reforzo e prevención de incendios. En anos anteriores o goberno de Lugo tamén recibiu achegas económicas para limpar preto de 100 hectáreas de superficies forestais.
Para López a renuncia a sumarse a este convenio da Xunta “reflicte unha absoluta falta de implicación do goberno local nas tarefas de prevención de incendios” polo que pide explicacións “desta decisión tan lesiva para os intereses dos cidadáns de Lugo”. O edil do PP tamén criticou “o pasotismo da alcaldesa por rexeitar a oportunidade que se lle brindou para contratar a dez operarios das brigadas así os como medios para limpeza de maleza en e fincas forestais”.
Para o concelleiro popular “a alcaldesa non mide as consecuencias da súa decisión xa que rexeitar recursos sen máis é unha decisión imprudente sobre todo tendo en conta que no noso concello está a única parroquia de toda a provincia clasificada de alta actividade incendiaria” en alusión á Bóveda. O popular tamén incidiu en que Lugo é o terceiro municipio da provincia con maior zona rural (case 300 km2) só por detrás de Vilalba e A Fonsagrada.
O executivo de Feijóo achega un investimento de 3 millóns de euros á provincia de Lugo destinados a contratar o persoal que traballen na prevención contra o lume.