El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo justifica la urgencia de esta propuesta en las “inadmisibles” declaraciones realizadas este martes por la ministra de Hacienda en las que aseguraba que esa era una cuestión que “tocaba en el año 2019” y que “ya se perdió la oportunidad de poder resarcir” esa deuda con Galicia
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, afirma que o seu grupo defenderá no pleno unha moción de urxencia dirixida a que o Concello de Lugo amose o seu apoio á Xunta de Galicia na reclamación ao Estado da liquidación dunha mensualidade do IVE de 2017, 200 millóns de €, e négase a pagar os incentivos que lle corresponden a Galicia polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018, 170 millóns de €.
Por iso, Ramón Carballo sinala que é preciso declarar o apoio do Concello de Lugo á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do IVE non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do sistema de Información Inmediata e manifestar un apoio firme e decidido á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España dunha convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.
O voceiro popular sinala que para dar máis forza a esta reclamación da Xunta, sería preciso dar traslado destes acordos ao Goberno de España, á Xunta de Galicia e aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos deputados e do Parlamento de Galicia.
Para Ramón Carballo as actuacións e declaración públicas realizadas o pasado martes trala reunión do consello de ministros, son “inadmisibles” xa que a ministra de Facenda e portavoz do goberno indicou que era unha cuestión que “tocaba no ano 2019” e que “xa se perdeu a oportunidade de poder resarcir”.
Este explicación non só carece de fundamento xurídico algún, senón que supón romper o compromiso que a propia ministra asumiu persoalmente en agosto de 2018 e que levou á Xunta de Galicia a prever eses ingresos nos seus orzamentos.
Ramón Carballo agarda que todos os grupos que forman parte da corporación lucense apoien esta iniciativa xa que o impacto económico desta decisión do Goberno central afecta directamente ao sistema de financiamento autonómico, e por ende a todos os galegos, e pode supor ademais unha perda de recursos para os veciños do noso concello, polo que “esta corporación non pode permanecer allea a esta reivindicación”.