TráficoZona Rural

El PP pide una actuación integral en Anguieiro para dar una respuesta “efectiva” a los vecinos

By 10 septiembre, 2017septiembre 11th, 2017No Comments

El concejal del Grupo Municipal do PP Manuel López denuncia que la situación que viven los vecinos de Anguieiro, en Conturiz, no es algo “aislado” lo que demuestra “lo poco que le importan” las parroquias del rural al gobierno socialista

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, pide ao goberno socialista de Lugo unha actuación integral en Anguieiro, na parroquia de Conturiz, para dar “unha resposta efectiva” aos veciños da zona, que levan moitos anos solicitando melloras nas comunicacións.

O concelleiro popular explica que “non é de recibo o estado no que se atopa unha pista” que dá acceso a seis vivendas. López detalla que se trata dunha pista que sí que está asfaltada, pero só unha metade da mesma, mentres que a outra metade está chea de baches e é de terra. Ante esta situación os veciños teñen que pasar “con moito coidado” para evitar causar calquer dano aos seus vehículos na entrada e saída das súas vivendas, pero a situación vólvese máis grave, xa que esta pista “une Anguieiro co resto de Conturiz”.

López explica que ésta non é a única pista que precisa dunha reparación urxente na zona. “Outras vías desta zona están cheas de baches, algún deles bastante profundo, polo que a circulación é complicada e moi insegura”, engade o concelleiro popular.

O concelleiro popular recordou que “nas últimas semanas a brigada de obras estivo a bachear as pistas nesta zona pero debía haber festas noutra parroquia tiveron que marchar para deixar a punto a pista do campo da festa, deixando Anguieiro na mesma situación”.

Doutra banda, o concelleiro popular afirmou que os veciños tamén solicitan algún tipo de medida para evitar os problemas que ocasión as tajeas. “Nalgún punto os vehículos caen ás tajeas producindo graves danos nos mesmos e, de feito, xa caeu algún veciño nelas, polo que solicitan que se cubran as mesmas con rejillas ou algún outro elemento que evite os problemas que sofren”, asegurou López.

Manuel López asegura que “a situación que viven os veciños desta zona” non é un caso “illado” xa que moitas das parroquias do Concello se atopan nun caso semellante o que demostra “o pouco que lle importan as parroquias do rural” ao goberno socialista de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies