El concejal del Grupo Municipal del PP Óscar Poy denuncia que la maleza invade por completo el lecho del río Rato por lo que es imposible ver como corre el agua y que deja imágenes tan tristes como que los portones que regulan el paso del agua están totalmente cubiertos por la vegetación
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, denunciou publicamente o mal estado que presenta o paseo do Rato, unha das principais zonas verdes da cidade, pero que os sucesivos gobernos socialistas “deixaron ao seu rumbo”.
Óscar Poy lamenta que, sobre todo nesta época do ano, na que son moitos os lucenses que aproveitan o bo tempo para pasear ou facer deporte por esta zona, aos que se unen os turistas, a imaxe que se pode ver “é case desoladora”. “É case imposible ver o río Rato xa que a maleza cubre por completo o leito do río. Algo que non é de onte, xa que por exemplo hai portóns nalgún caneiro que están totalmente cubertos por herbas e maleza. O problema é unha falta total de mantemento e un absoluto desinterese por coidar esta zona da cidade”, explicou.
Noutros puntos do paseo do Rato atopamos casos tan curiosos como que unha ponte que une as dúas beiras do paseo do Rato leva meses “inutilizada” xa que a deixaron “no esqueleto”. “É imprescindible unha actuación neste paseo, xa que a imaxe que deixa a lucenses e turistas non se pode permitir”, explicou.
Pero a falta de mantemento desta zona verde da cidade provoca que nalgúns treitos, tanto do paseo principal como dos distintos camiños desta zona verde, pasaron de ter un ancho de algo máis de dous metros a 30 centímetros, o que pon de manifesto “a total falta de mantemento nos últimos 11 anos”. A isto súmase que en diferentes puntos do camiño hai buracos de gran tamaño e profundidade o que supón un perigo para os usuarios do paseo do Rato. “Están a achicarse os camiños porque non hai unha conservación adecuada”, sinalou.
Para os populares “é unha magoa” que as institucións non manteñan impecable este paseo porque ademais de ser un dos pulmóns verde da cidade, é un dos lugares preferidos polos lucenses para pasear e facer deporte polo que “debemos coidalo” para que se poida disfrutar da súa beleza sen correr ningún risco.