Infraestructuras

El PP pregunta a Lara Méndez por que Lugo sigue sin rotonda en Alfonso X y se puso la disposición de Fomento los terrenos precisos para suya la construcción

By 21 agosto, 2020agosto 31st, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide afirma que se los socialistas habían puesto los terrenos a disposición de Fomento cuando se realizó la petición de los mismos, en noviembre de 2016, no sería necesario que ahora prometan agilidad en los plazos para la construcción de esta infraestructura porque esta ya sería una realidad

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamenta que un ano máis Lugo siga sen contar coa tan demandada rotonda na unión de Alfonso X coa N-VI, un dos puntos negros da cidade.

Unha situación que semella xa non estrañar aos lucenses, acostumados a ver como a inacción de Lara Méndez fai que proxectos moi necesarios para a cidade queden no esquecemento.

Antonio Ameijde recorda que o 3 de novembro de 2016, o Ministerio de Fomento, aínda cun ministro do Partido Popular a fronte, solicitou a cesión dos terreos necesarios para a execución do proxecto, “solicitude que se remitiu tanto ao Concello como á Deputación”. Unha solicitude á que a Deputación si que respostou con dilixencia, xa que demostraron vontade por poñer fin a este “punto negro” para a circulación en Lugo e rapidamente puxeron eses terreos a disposición.

Pese a que xa hai anos desta petición, aínda non sabemos se Lara Méndez puxo estes terreos a disposición de Fomento, xa que pese a que a rexedora asegurar en xullo de 2017 que dera luz verde para entregar este terreos, pero a realidade amosa que aínda non se confirmou este extremo, xa que a comezos deste ano, o Ministerio de Fomento aínda non recibira a cesión dos mesmos. “Como non sabemos se Lara Méndez realizou a cesión ou non presentaremos preguntas neste sentido, aínda que moito nos tememos que a resposta será negativa para os intereses de todos os lucenses”, afirmou.

O concelleiro popular non entende o “boicot” de Lara Méndez a este e outros proxectos que outras administracións queren desenvolver na nosa cidade, a pesar de que todos eles son moi necesarios. Sinala o popular que cando o PSOE está a fronte “todo son boas palabras”, pero a realidade amosa como os socialistas seguen sen cumprir con Lugo. “Lara Méndez sempre demandou moitas responsabilidades ao todos os gobernos do Partido Popular, tanto na Xunta como en Madrid, pero agora que Pedro Sánchez está a fronte do Goberno central perdeu o seu espírito reivindicativo”, lamentou.

O certo é que o Ministerio de Fomento xa comezou a traballar nesta infraestrutura baixo o mandato dun goberno do Partido Popular, sempre coa esixencia de Lara Méndez de que se lle dera “axilidade” a este proxecto porque era prioritario para Lugo. Agora vemos como son os propios socialistas os que frean a construción desta rotonda, “non sabemos baixo que intereses”, ao non entregar os terreos necesarios e “prometendo axilidade nos prazos”. “Agora prometen axilidade nos prazos. Se Lara Méndez entregara os terreos cando Fomento os solicitou non terían que facer falsas promesas porque os lucenses xa teríamos esa rotonda e un punto negro menos na cidade”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies