Para el vicevoceiro popular el conflicto “de carácter interno” abierto por el número dos de la alcaldesa podría tener repercursións en la prestación de servicios municipales ya que “es un hecho que hay cargos del equipo de gobierno más preocupados en abrir luchas partidistas que en trabajar y gestionar las cosas del ayuntamiento”
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide quere saber se a alcaldesa de Lugo respalda as afirmacións da súa man dereita, o señor Álvaro Santos, nas que asegura que o PSOE non ten proxecto para Galicia. Para os populares resulta preocupante que “en vez de estar ao que hai que estar, dende as bancadas socialistas, abran un conflicto de carácter interno e claramente partidista” engadindo que “di o dito que quen cala outorga, polo que entendemos que as manifestacións do tenente de alcalde de Lugo contan co beneplácito de Méndez” manifestou.
Antonio Ameijide explicou que “esta guerra aberta no seo do PSOE lucense pode desestabilizar ao goberno local e iso está tendo consecuencias na xestión do día a día do concello e, por tanto, na prestación de servizos aos cidadáns”.
Para os populares é moi significativo que “esta guerra partidista sexa un dos frontes e das preocupacións da alcaldesa de Lugo”. O segundo capítulo no que esgota a súa enerxía “é o relativo a ocultar ilegalidades en materia de persoal dos seus padriños políticos, e dela mesma, negándose en pleno a crear unha Comisión de Investigación”.