El concejal popular Antonio Ameijide afirma que con la apertura de la nueva rotonda, que enlaza el barrio con la A-54, se incrementó el volumen de tráfico de la carretera vieja de Santiago a su paso por el barrio de A Ponte por lo que “sugiere el estudio de medidas de calmado así como mejoras en la iluminación y la señalización”.
O Grupo Popular reclama ao goberno local o deseño dun Plan de Tráfico para mellorar a seguridade viaria e a circulación no barrio de A Ponte. O popular Antonio Ameijide explicou que “hai que dar resposta á preocupación dos veciños polos problemas de tráfico e velocidade que se rexistran neste tramo urbano dende que se abriu o enlace á rotonda da Autovía de Santiago”.
Ameijide indicou que “os veciños temen que o incumprimento dos límites de velocidade provoque accidentes” polo que reclama unha mellora da sinalización, da iluminación así como cambios puntuais nalgúns cruces conflictivos como o acceso da nova ponte dende dende Rego da Laxe. “Para este punto solicitamos que se instale un Stop na estrada vella de Santiago á altura desta intersección e, dese xeito, se acabaría co caos circulatorio das horas punta” puntualizou Ameijide quen tamén insistiu en que “se debe dar prioridade a rúa que realmente é a principal trala apertura da nova ponte”.
Os populares insisten en que o goberno local en vez de dar un tratamento global á circulación do barrio segue poñendo en práctica “a súa política de parches”. Ameijide lembra como “hai tres anos os socialistas desoiron a petición do PP para reorganizar a circulación do barrio logo de que pecharan ao tráfico a ponte romana”.
Nese senso o edil enumerou outros “puntos conflictivos como o paso de peóns que está situado á altura do cruce do Rego do Espiño onde xa se rexistraron atropelos por exceso velocidade”. En aras á prevención os populares suxiren que se sinalice esta paso con avisos luminosos.
Tamén o estudo de tráfico debería contemplar o tránsito de vehículos de grandes dimensións que rexistra a estrada vella de Santiago por ser vía de entrada ao polígono da Louzaneta onde está a empresa adxudicataria do servizo de limpeza así como a dos autobuses urbanos. De feito na nova adxudicación estipúlase que o novo lugar de estacionamento dos autobuses se ubicará nunha nave situada ao pé da estrada vella (nas inmediacións do cruce da estrada de Friol) o que incrementará o paso de grandes vehículos.
O concelleiro popular indicou que os socialistas teñen neste momento a oportunidade de facer unha proposta global para mellorar a seguridad vial do barrio da Ponte “analicemos as alternativas que temos, consensuémolas cos veciños e poñámolas en práctica” concluiu o concelleiro popular.