En una segunda batería de propuestas inscritas esta mañana para debatir en la comisión de fiestas del lunes el PP sugiere que se mantenga la localización de los puntos de venta en Rodríguez Mourelo, Ramón Ferreiro o Plaza Mayor; que los puestos se coloquen en fila, en lugar de enfrentados, y que haya una entrada y salida única y controlada
O Partido Popular, dada a situación sanitaria, actual solicita un cambio na organización dos postos típicos de San Froilán que se viñan colocando no recinto feiral.
A concelleira popular Beatriz Vázquez indicou que “pensamos que se podería manter a localización tradicional, tanto a medianera da Avenida de Rodríguez Mourelo así como a da Avenida de Ramón Ferreiro, ou Praza Maior pero habería que darlle unha volta a súa colocación”. A popular indicou que “habería que colocar os postos en fila, en lugar de enfrontadas, cunha distancia entre posto e posto, e que para o público debería haber unha entrada e saída únicas e con control permanente de aforo”.
A popular asegura que “con esta distribución dos postos de artesanía, productos gastronómicos, téxtiles … se garantiría a limitación do aforo poñendo como norma un máximo de dúas ou tres persoas por punto de venda dependendo do seu tamaño. Se esixirá o uso correcto da máscara así como a desinfección con xeles hidroalcohólicos”.
Tamén, co ánimo de fomentar o consumo local para aquelas persoas que non queiran ou non poidan acudir a esta feira, propoñemos que o concello solicite as subvencións para impulso da comercialización dixital da Xunta para organizar unha Feira Virtual, de carácter artesanal cunha duración e temática vinculada ao San Froilán, na que participen tanto estes postos como o resto do comercio local.
O Grupo Popular solicita que, por cuestións sanitarias, nesta edición do San Froilán non se entreguen programas impresos de mano. A concelleira popular Beatriz Vázquez solicitou que se realice “un deseño vistoso e atractivo” da programación para distribuír en redes sociais. Tamén suxire que se coloque esta información nos mupis que hai por toda a cidade, en marquesinas e no transporte urbano.
Outra suxestión para mellorar as actividades das patronais é o deseño dun programa de rutas turísticas a pé.“Como todo parece indicar que non teremos nin barracas, nin casetas, ni grandes actuacións hai que buscar outras alternativas de ocio”. Pensamos que este é un bo momento paraachegar aos veciños de Lugo o patrimonio, a historia de forma novidosa. Vázquez manifestou que “poderían facerse paseos nocturnos pola muralla; espectáculos de video mapping en edificios o prazas emblemáticos; dar a coñecer a figura do patrón e que significou para Lugo”. Trátase de fomentar accións ao aire libre, cunha oferta ampla de horarios para que os grupos sexan reducidos e que poidan admirar, dende outro punto de vista, toda a riqueza que ten Lugo.