Antonio Ameijide recuerda que hay un acuerdo plenario unánime de outubre de 2014 para “acometer el abastecimiento de agua y saneamiento con el anillo hídrico que se hizo en la zona y dotar de estos servicios a los afectados del barrio de As Gándaras”
O Grupo Municipal do Partido Popular solicita melloras nas infraestructuras do barrio das Gándaras tanto na dotación de saneamento como arranxos nas vías do entorno. Entre as vías que presentan un estado máis lamentable atópase a rúa Miñato “con fochancas de grandes dimensións por onde é moi complicado e perigoso circular”. O concelleiro popular Antonio Ameijide reclama o acondicionamento do seu firme “moi utilizada polos veciños do entorno da Campiña e de As Gándaras”.
Además da reparación da rúa Miñato, que discorre paralela á Ronda Norte, hai outras rúas no entorno que tamén están en mal estado.
Outro asunto pendiente que afecta a 21 vivendas e 3 naves industriais das Gándaras é a dotación dos servizos de auga potable e sumidoiros. Antonio Ameijide recriminou a tardanza en acometer estas obras xa que hai unha proposición de autoría do PP, aprobada por unanimidade en Outubro de 2014, na que se reclamaba estas melloras para o barrio. O edil do PP lamenta que a inversión feita no anel hídrico que circunvala a cidade e pasa a carón do barrio non se aproveitase para dotar destes servizos básicos ao barrio”.
Ameijide explicou que se trata dunha obra sinxela “só habería que conectar , mediante unha arqueta á altura da rúa Miñato, á canalización principal”. Para as vivendas e naves do Camiño das Regas e Cortiña do Monte sería necesario construir un conducto duns 100 metros de lonxitude aproximadamente para conectar co novo anel hídrico”.