Los populares consiguieron en 2018, pese a la negativa de PSOE y BNG, aprobar una iniciativa en pleno para impulsar este órgano de asesoramiento gratuito a los lucenses pero “Méndez bocoiteou su puesta en marcha”
O Grupo Municipal do PP insta ao goberno local de PSOE e BNG a que cumpra o acordo de pleno de setembro de 2018 impulsado polo Partido Popular a través do cal se aprobou “crear unha oficina de asesoramento e apoio aos propietarios de vivendas afectadas por ocupacións irregulares”. Segundo a proposición que saiu adiante cos votos de Lugonovo e Ciudadanos “esta oficina tamén tería como misión informar das axudas ao aluguerio tanto municipais como as procedentes doutras administracións, e tratar este fenómeno non só dende o punto de vista legal se non tamén social”.
O vicevoceiro popular anuncia que levarán unha iniciativa a Comisión para lembrar a Méndez e Arroxo a súa obriga de acatar os acordos de pleno logo de coñecerse unha nova ocupación en Lugo nun pazo da Fervedoira.
Os populares indican que a ocupación ilegal é hoxe un problema en Lugo e que xa hai varios focos en barrios como A Milagrosa, As Gándaras, A Chanca e barrio Feijoo, aos que se suma este último da Fervedoira. “A incidencia deste fenómeno, nestas zonas, preocupa aos veciños polos problemas de convivencia que se producen” destaca o vicevoceiro popular.
Ameijide pedirá información ao goberno local sobre se “ten cuantificado o número de vivendas ocupadas e sobre que tipo de prestacións reciben as persoas que ocupan estes inmobles dende os servicios sociais municipais”
Para os populares a administración local conta con mecanismos e ferramentas para actuar sobre esta problemática, nese senso, ademáis de incrementar a presenza policial, é necesario implementar medidas destinadas a apoiar e asesorar ás persoas afectadas, para que poidan recuperar as súas vivendas no menor tempo posible, especialmente nos casos de familias que carecen de recursos económicos suficientes para afrontar os gastos que supón iniciar un procedemento de desaloxo destas características. De igual forma, é preciso analizar desde os servizos sociais do Concello a situación na que se atopan as persoas que por diferentes motivos actúan á marxe da Lei ocupando vivendas, que chegan inclusive a condicionar a súa saída, a que os propietarios lles abonen importantes cantidades de diñeiro, o que supón unha extorsión intolerable nun Estado de Dereito.
A celeridade á hora de actuar por parte dos propietarios das vivendas que son obxecto de ocupación é primordial, por iso entendemos que o Concello de Lugo debería crear unha oficina de asesoramento e apoio para que os propietarios das vivendas poidan obter información sobre os pasos adecuados que deben levar a cabo para recuperar as súas vivendas, e acompañar aos propietarios durante todo o proceso.