Economía

El PP ve los presupuestos de la Xunta “generosos y comprometidos con las necesidades del municipio”

By 24 noviembre, 2020No Comments

Los populares explican que dedican la mayor parte del presupuesto a políticas sociales y sanitarias con un presupuesto que supera los 35,4 M€ centrados en dos proyectos estrella como son el final del Centro Integral de Salud del barrio de la Residencia y la nueva Residencia para mayores de Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Ramón Carballo valorou hoxe os orzamentos da Xunta de Galicia co Concello de Lugo, unhas contas que cualificou de “xenerosas e comprometidas co municipio”.

O capítulo no que a Xunta de Galcia dedica a maior parte dos orzamentos a cuestións relacionadas con políticas sociais e sanitarias. En total, nestes dous capítulos investirá, máis de 35,4M€ con dous proxectos estrela que son o remate do Centro Integral de Saúde do barrio da Residencia (5.8 M€) e a construción da residencia de maiores de Lugo (12 M€).  Dentro deste paquete de medidas tamén destacan os 2.6 M€ para axudas a dependencia; 2M€ en concepto de gratuídade de garderías; 1.8 M€ de servizo de axuda no fogar ou os máis de 6 M€ para prazas en centros de día de discapacidade, residencia de maiores ou alzhéimer.

Dentro de sanidade figuran tamén partidas xenéricas para reformas de centros relacionadas coa adaptación á Covid (1.2 M€) da que se beneficiará o Centro de saúde da Milagrosa e tamén e hai outra partida xenérica (1.1M€) para redacción de proxectos de novos centros de saúde que se poderá utilizar para todos aqueles nos que se poñan terreos a disposición da Xunta e a cal se pode acoller o futuro Centro de Saúde do Sagrado Corazón.

Outra das preocupacións da Xunta para afrontar os efectos da crise económica froito da covid é a necesidade de captar empresas e crear emprego. Nese senso dende Medio Ambiente, Territorio e Vivenda figura unha partida importante de 4.5M€ para a ampliación da segunda fase do polígono das Gándaras.

Outra partida importante son os 5.8€ para un laboratorio 5G e seguridade de comunicacións, para o centro de emprendemento aeronáutico ou unha central de biomasa xunto coas obras para mellora de eficiencia enerxética do edificio administrativo da Xunta.

Outra consellería que seguen esforzándose por mellorar os centros de ensino da cidade e continúa cos investimentos é a de Educación. Para este 2021 vanse adicar 3.210.000 € para facer obras  no San Xillao (1.5M€), ampliación do IES Muralla (300.000 €), facer unha nova nave de taller de madeira do politécnico (980.000 €) e remate do Colexio do Sagrado Corazón (300.000 €).

No ámbito cultural hai un orzamento para a muralla de máis dun millón de euros, así como partidas para restauración da Igrexa de San Pedro (700.000 €), o claustro da Catedral (500.000 €) e para a nova sede do Centro Galego de Arte Contemporáneo (50.000 €).

Canto a infraestructuras e mobilidade destaca 1.5M€ para a estación intermodal e 100.000 € para o plan de transporte metropolitano.

No capítulo de infraestructuras figura unha partida de 10M€ para a conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, os 500.000 € para o plan Paradai, 300.000 € para a Ronda leste e 60.000 € para eliminar o tapón urbanístico da rúa Fisterra. En materia de vivenda os 800.000 € para rehabilitación de vivendas na tinería.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies