Tras la toma de posesión de las actas de concejales el próximo sábado el Grupo Municipal activará su agenda trabajo
“O noso traballo non é puntual, nin temporal vai ser permanente. Daremos continuidade durante os próximos 3 anos e 11 meses á organización que tivemos durante a pre e campaña electoral ese é o compromiso que temos cos 21.500 lucenses que nos votaron e coa cidadanía lucense en xeral”.
Elena Candia explicou que “unha vez que tomen posesión da acta de concelleiros se activará o traballo e a presenza na rúa do Grupo Municipal promovendo dous tipos de accións: as xuntanzas territoriais, recuperando o formato de escoita activa e diálogo permanente coa veciñanza e, en segundo lugar, a creación de mesas de sectoriais monográficas que aborden diferentes temáticas”.
Para a vindeira semana está cerrado o primeiro encontro abertO á cidadanía no barrio de A Ponte que se desenvolverá o xoves 22 de xuño ás 00 horas no Bar Aniceto. Tamén se vai crear a primeira das mesas de traballo permanentes que abordará asuntos relacionados cos colectivos migrantes que viven en Lugo dando participación a integrantes de diferentes asociacións de distintos países.
Elena Candia explicou que a reunión de coordinación desenvolverase todos os luns ás 8.00 horas aclarando que “o Grupo Municipal é un equipo dinámico, construtivo e proactivo que está ilusionado, como moita forza e gañas de traballar”.
ATENCIÓN PRESENCIAL
Os populares tamén prestarán atención presencial nas oficinas do Grupo na Casa do Concello na Praza Maior o horario de atención ao público e tamén poñen a disposición dos lucenses un servizo de whatsapp para que comuniquen as súas queixas e suxestións sobre asuntos relacionados co municipio.
O número é o 618 626 902 que precisamente tamén se utiliza para ofrecer información sobre a actividade do grupo polo que os interesados en sumarse a esta canle de comunicación só teñen que enviar a palabra ALTA para activar as notificacións.