El portavoz Antonio Ameijide y el viceportavoz del PP de Lugo Enrique Rozas valoraron positivamente los presupuestos gallegos y pusieron de manifiesto que “se trata de unas cuentas hechas para los ciudadanos, realistas y responsables que responden a las necesidades de Lugo y que acreditan la mejoría económica de Galicia con más inversiones, menos impuestos e más empleo público”
O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide e o vicepresidente do PP de Lugo valoraron esta mañá os orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 no concello de Lugo, e avaliaron “de forma positiva as diferentes partidas económicas que figuran no plan de investimentos e que suman os 60.126.787 M€”.
Os compromisos da Xunta de Galicia con Lugo mantéñense e no tocante ás infraestructuras está previsto que se destinen preto de 29.132.516 €. Os populares explicaron que para o desdobramento Nadela – Sarria hai previstos 28 Millóns de euros ata o 2021. Para esta actuación se contemplan varias anualidades e para este exercicio resérvanse 250.000 € para a redacción do proxecto.
Neste paquete figuran os 52.516 € para a redacción do estudo de necesidades da estación intermodal; os 450.000 € para actuacións no Plan Paradai e os 500.000 euros para programas de vivenda como son a rehabilitación do casco histórico no marco do REXURBE ou actuacións directas da administración autonómica neste ámbito. A Consellería de Infraestructuras tamén reserva 130.000 € para transporte metropolitano.
En política social o esforzo da Xunta mantense cunha partida para o concello de Lugo que suma os 15.967.653,97 € e que se dividen en tres bloques:
Para maiores e persoas con discapacidade destínase 9.403.949 €. O vicevoceiro popular manifestou que neste paquete de investimento en persoas figuran os 100.000 euros para a redacción do proxecto da residencia de maiores e que vén enmarcado dentro do programa Como na casa. Neste paquete tamén se inclúe o Servizo de Axuda no Fogar, o mantemento de prazas para maiores, persoas con discapacidade, con alzhéimer así como o servizo de teleasistencia.
Para programas de Inclusión Social hai unha partida de 4.058.379,13 € que se van destinar ao programa reconduce, a o RISGA e para axudas extraordinarias e programas contra a desigualdade económica.
Para a xestión do punto de encontro familiar, o mantemento de centros de menores e escolas infantis do municipio figura unha partida de 2.505.325,47. A este paquete de investimentos hai que sumar a apertura da escola infantil na zona de Paulo Favio Máximo
Outra das apostas da Xunta encamiñada á xeración de emprego é o impulso ao Centro de investigación aerotransportada de Rozas onde figura unha partida para a creación dun centro de experimentación de cargas aero transportadas así como unha actuación estratéxica para o desenvolvemento da Civil UAVS Iniciative de vehículos aéreos no tripulados para os que se prevé un investimento de 9.190.000 €.
Para actuacións en materia de sanidade consignáronse preto dun millón de euros; 250.000 € para a redacción do proxecto básico do primerio Centro Integral de saúde do barrio da residencia e 200.054 € a adecuación neste espazo da nova oficina de emprego. O investimento de sanidade complétase cos 500.000 € para o programa de coordinación da inspección de saúde pública e os 45.000 € para o laboratorio de sanidade e producción animal.
O concello de Lugo tamén se beneficiará doutros investimentos que están sen territorializar relativos á tecnoloxía, farmacia e modernización.
En canto ás Consellerías de Educación e Cultura hai que contabilizar os 500.000 euros para o novo colexio Sagrado Corazón e os 3.587.618 € equipamento auditorio de Lugo. Tamén se investirán preto de 700.000 € na reparación e mantemento da muralla (600.000 € nas obras de consolidación 4 cubos e 92.533 € no mantemento do monumento romano).