EconomíaInfraestructuras

El Gmpp denuncia que las reclamaciones patrimoniales evidencian la “nefasta” situación por la que atraviesa el Concello

By 8 agosto, 2017agosto 14th, 2017No Comments

El portavoz  del Grupo Municipal del Partido Popular, Antonio Ameijide, denuncia que la situación por la que atraviesa el Concello “es fruto de los 18 años que los socialistas llevan desmantelando los diferentes servicios municipales y desatendiendo el mantemiento de Lugo”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, e o concelleiro popular, Ángel Trabada, denunciaron esta mañá en rolda de prensa a “nefasta situación á vista das reclamacións por responsabilidade patrimonial que sufre o Concello”. Segundo explicou Antonio Ameijide “estas reclamacións amosan que dende o goberno local non se fai nada por coidar os servizos existentes nin facer nada por manter en boas condicións á cidade. Por iso, estas reclamacións son froito da parálise que vive o Concello e do desmantelamento dos servizos que os socialistas levan facendo nos últimos 18 anos”. O voceiro popular lamentou que “non se mantén nada. Nin as redes de abastecemento, nin os xardíns, nin as rúas… Todo isto se resume nunha mala imaxe do Concello e unha mala imaxe para os visitantes”.

Antonio Ameijide desvelou que só no que vai de ano “o Concello xa tivo que pagar case 35.000€ con motivo das 31 reclamacións por responsabilidade patrimonial admitidas polo Concello das que 88 que se presentaron” o que evidencia que “por mor da parálise que vive o Concello hai un importante prexuízo para as arcas municipais”.

Reclamacións

O concelleiro popular Ángel Trabada explicou algunha das reclamacións que recibíu o Concello. “Unha das reclamacións supuxo un custe de máis de 14.000 euros. Foi por mor dunha caída na rúa Cambria por mor do mal estado das baldosas. Pero outra reclamación admitidas supuxo un custe superior aos 2.600 euros. Foi por unha caída nun paso de peóns, que non se tería dado se a alcaldesa e o seu equipo se preocuparan un pouco máis polo estado da cidade. Incluso outra caída noutro paso de peóns supuxo un custe de 1.300€”, explica Trabada.

Trabada tamén desvelou que o estado das instalacións e propiedades municipais comeza a ser “preocupante”. Unha das reclamacións admitidas a trámite polo Concello debeuse ao “desprendemento dun farol sobre un vehículo, pero outra, foi pola caída dunha fiestra dun edificio municipal sobre outro turismo, unha circunstancia que quedou nun susto, pero que podería ter consecuencias moi graves se o desprendemento non fora sobre un vehículo. Isto demostra que dende o goberno local non fan nada por mellorar o estado das dependencias municipais”.

No que se refire a reclamacións por filtración de auga houbo un total de 13. Ángel Trabada destacou que “houbo un caso moi curioso, xa que no prazo de dez meses unha veciña da cidade reclamou en dúas ocasións pola mesma avaría, o que demostra de novo a pasividade do goberno local e o alarmante estado de abandono da cidade”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies