El concejal popular Manuel López critica que “Miguel Fernández presuma de que se desbrozarán 700 kilómetros de pistas, cuando el Concello cuenta con más de 1.100 kilómetros de vías”
O concelleiro do Grupo Popular Manuel López denunciou que o goberno socialista de Lugo deixa sen desbrozar “case o 40%” das pistas do Concello. O concelleiro popular explicou que a semana pasada o voceiro do goberno, Miguel Fernández, asegurou que o Concello tiña máis de 1.100 quilómetros de pistas, pero só se contratou o desbroce de 700 quilómetros. “Isto significa que o 40% das pistas do Concello quedará sen desbrozar porque por moito que traballe o tractor que o Concello ten para este fin é imposible que desbroce máis de 400 quilómetros de pistas”.
Manuel López asegura que “non é lóxico que habendo un contrato cunha empresa, a día de hoxe máis da matade das parroquias sigan sen desbrozar, sobre todo tendo en conta que en marzo, en xunta de goberno, se aprobou a prórroga do contrato de roza en pistas á mesma empresa. Non se pode permitir que cunha empresa con contrato en vigor teñamos que vivir esta situación”.
O concelleiro popular percorreu as parroquias do Concello e “a día de hoxe hai máis de 30 sen desbrozar”, unha cantidade moi importante, “e isto supón un grave risco, xa que a maleza invade as vías e os vehículos non se poden arrimar á beira, polo que o risco de accidente aumenta. Tamén sube o risco de incendios xa que todo está seco, polo que a xente das parroquias non está tranquila”.
Por iso, Manuel López insta ao goberno socialista “a que se poña a traballar nesta materia para desbrozar todas as parroquias e mellorar a imaxe do Concello, xa que esta situación repítese ano tras ano e o goberno socialista é incapaz de darlle unha solución ao mesmo”.