El concejal del Grupo Municipal del Partido Popular, Ángel Trabada, explica que entre las peticiones de los vecinos destaca el arreglo de un tramo de la calle que está lleno de baches y lleva más de 30 años sin asfaltarse
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Ángel Trabada, pide ao equipo de goberno que escoite as peticións dos veciños da 2ª Ronda esquina con Mar Cantábrico que demandan dende hai anos o asfaltado e unha mellora sustancial na limpeza da rúa. Ata esta rúa se desprazaron varios concelleiros do Grupo Popular, que xunto aos veciños, comprobaron de primeira man a necesidade de solucionar as súas demandas.
Ángel Trabada afirma que os veciños lles explicaron que “xa son uns trinta anos o tempo que leva sen asfaltar a rúa” polo que demandan unha actuación inmediata, que, como pode observarse cunha simple ollada, “conta con máis baches que treitos co asfalto continuo”.
Ademais sería bo para esta rúa e os seus veciños unha intervención nun solar de propiedade privada pero que é de uso público xa que os veciños adoitan estacionar ahí os seus vehículos. Por iso, os populares piden ao goberno socialista de Lugo que estude a posibilidade de actuar tamén nese solar privado para deixar a rúa en boas condicións. Neste senso, a actuación a desenvolver podería ser semellante á que xa se acometeu na rúa Primavera. “O Concello podería realizar unha actuación moi semellante á da rúa Primavera e así dar unha resposta efectiva aos veciños, xa que ambas rúas presentan características comúns, polo que a solución podería ser idéntica ou moi semellante”, explicou Trabada.
Os populares tamén demandan “unha maior e mellor” limpeza da rúa, xa que “os veciños teñen que soportar a suciedade que hai na rúa xa que non se limpa nin tampouco se procede a desbrozar a rúa, polo que teñen que ser os particulares os que o fagan agora para mellorar a imaxe da rúa”.
O saneamento tamén é outra das demandas dos veciños. Neste punto hai unha arqueta que se atasca con asiduidade, polo que cómpre realizar un estudo para detectar por que se produce este problema e “solventalo no menor tempo posible” para evitar máis molestias aos cidadáns.