El portavoz popular Antonio Ameijide entregó a los portavoces de BNG, Lugonovo, Cidadanos y ACE-EU una petición formal “para explorar las posibilidades que sean necesarias y ofrecer a los lucenses la estabilidad y gobernabilidad que merecen”.
Ameijide insistiu en que o Grupo Popular dá este paso por responsabilidade “nós como grupo maioritario temos a obriga de impulsar os contactos necesarios para sacar a Lugo do caos e da parálise na que se atopa dende que, hai dous anos e medio, chegou Lara á alcaldía”. O voceiro popular adiantou que “intentaremos facer todo o que estea nas nosas mans para que fructifique un cambio no goberno de Lugo” cuestionando á actual rexedora “temos unha alcaldesa reprobada e imputada, que non conseguiu o apoio suficiente para sacar adiante os orzamentos, que perdeu a cuestión de confianza para seguir fronte ao cargo”.
Antonio Ameijide afirma que o seu Grupo abre esta línea de contactos e anuncia a súa disposición total a dialogar, ata o último minuto, buscando calquera opción de goberno que beneficie aos intereses xerais dos lucenses.