El portavoz popular Antonio Ameijide insiste en la necesidad de reforzar el personal del servicio electromecánico, desmantelado en estes 18 años de gobierno socialista, ya que de los 16 oficiales 2 ingenieros que había tan solo quedan dos operarios y, uno de ellos se jubila dentro de año y medio.
O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide afirma que as últimas avarías eléctricas destapan “graves deficiencias nas instalacións e nos xeradores de diferentes dependecias municipais como no edificio administrativo da Ronda ou a nova sede da policía local”. Antonio Ameijide explicou que é incomprensible a incapacidade dos socialistas en arranxar os problemas da caída do sistema que sufriu cortes, de longa duración, ata en tres ocasións.
Ameijide explicou que a raiz das incidencias se destaparon fallos ocasionados polas obras parche que realizaron varias empresas en edificios municipales puntualizando que “por exemplo no administrativo da Ronda ao desconectar o diferencial hai fases que, sorprendentemente, seguen encendidas”. O popular tamén explica que é unha tomadura de pelo que o xerador da policia local non arrancase porque non tiña batería. Para os populares “estas chapuzas responden á política de desmantelamento coa que durante os últimos 18 anos os socialistas asfixiaron ao Servizo Electromecánico”. “Pasamos de 16 operarios e 2 enxeñeiros a contar tan só con dous efectivos, e un deles a corto prazo xubílase” indicou Ameijide.
Os populares recriminan aos socialistas que optasen por privatizar e desmantelar este servizo en vez de reforzalo, algo que tamén criticaron os propios traballadores de forma reiterada, para evitar despropósitos e ilegalides como foron “os 4 anos que estivo sen legalizar a reforma do edificio administrativo da ronda da muralla cando se incorporaron novos elementos como a cortina de aire do acceso principal ou o ascensor ou mesmo as ilegalidades na instalación eléctrica da reforma da Praza feitas ao amparo do Plan Urban.
Antonio Ameijide reclama que se dote de medios humanos e materiais necesarios tanto ao servizo electromecánico como ao informático para evitar que se repitan os problemas na atención aos veciños e usuarios da administración electrónica. “Poderíamos atoparnos con casos de inseguridade xurídica” matizou o voceiro do PP en alusión a lucenses que precisen algunha xustificación de trámites feitos a través da administración electrónica.
“O goberno socialista fixo as cousas mal dende o primeiro momento, fixo oídos xordos ao persoal do servizo electromecánico e agora amontónanse os problemas froito das continuas chapuzas” matizou o popular. Ao estado precario das instalacións eléctricas hai que sumar os problemas vividos polo retraso da verificación de facturas e que supuxo cortes de luz en varios edificios como o MIHL, a piscina Frigsa e en 3 centros sociais do Concello.
Por último o voceiro dos populares eloxiou o esforzo do departamento informático e dos electricitas municipais dos que destacou a súa profesionalidade e insistiu en que “non se pode tolerar que en pleno século XXI unha administración sexa incapaz de reaccionar de forma efectiva e rápida” matizando que “a situación actual responde á política de parches que caracteriza aos socialistas”.