ProposicionesServicios sociales

Luz verde para agilizar las ayudas sociales, tanto a familias como a entidades sin ánimo de lucro

By 24 febrero, 2017No Comments

Estos últimos años estamos asistiendo a una despreocupación, por parte del goberno local, cada vez mayor en lo que se refiere a cuantías y plazo en la convocatoria de ayudas y subvenciones tanto a entidades sociales como a personas en situación de escasos recursos.

Segundo o Plan estratéxico de Subvencións do Concello de Lugo, a Xunta de Goberno ten competencia na aprobación das bases que rexerán a convocatoria pública de subvencións, nas que se determinan os requisitos para acceder a elas, así como os criterios e baremos para a súa adxudicación.

No caso das Axudas a familias con escasos recursos para a adquisición de libros e material educativo é preciso destacar que Lugo é unha das 7 grandes cidades que menos cartos adica a esta axuda,  ademais de estar asistindo ano tras ano a retrasos históricos na súa convocatoria, chegando a superar incluso a data de comezo da actividade escolar obxecto de dita axuda. Así a ultima convocatoria destas axudas as familias lucenses que solicitaban a mesma non o podían facer ata comezado o curso escolar e non souberon se tiñan dereito a mesma ata pasado o primeiro trimestre de curso.

O mesmo acontece coas Axudas a entidades sen ánimo de lucro que realizan a súa actividade no eido dos servizos sociais que se ven abocadas a realizar os seus proxectos sen ter a certeza de contar coa axuda do concello ou a abandonar algúns outros ante a incerteza de novas axudas. Así este ano víamos como o retraso no pago de subvencións nominativas de servizos sociais chegou a ser de 2 anos e o orzamento para as axudas de concorrencia competitiva minguaba con respecto ao 20015.

Dende o GMPP consideramos precisa unha mellor planificación para que estas subvencións sexan realmente unha axuda para quen precisa facer uso das mesmas e non unha preocupación ante o excesivo retraso tanto na súa convocatoria como no seu abono en caso de concesión.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

  1. Adiantar as datas de convocatoria e axilizar a tramitación das axudas a familias con escasos recursos para adquisición de libros de texto e material escolar.
  2.  Ampliar a contía das axudas ata os 100 euros para cubrir en maior medida esta necesidade.
  3. Adiantar as datas de convocatoria e axilizar a tramitación das Axudas a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro que realizan a súa actividade no eido social, e axilizar así mesmo o pago das axudas concedidas, unha vez estean debidamente xustificadas.
  4. Ampliar nos orzamentos de 2017 a contía a destinar a estas axudas, favorecendo unha maior cobertura do traballo asociativo no eido dos servizos sociais.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies