El portavoz del Grupo Popular Jaime Castiñeira considera “decepcionante” el primer año de gobierno socialista destacando “las dificultades en la gestión y la falta de iniciativa de los de Lara Méndez”
O voceiro popular valorou en rolda de prensa o primeiro ano de goberno de Lara Méndez como “decepcionante” afirmando que “seguen anclados nas directrices que marcaron, hai anos, Liñares e Orozco. Os socialistas lucenses non foron capaces, en doce meses, de cambiar de rumbo para sacar ao Concello da parálise e combater, deste xeito, a mala imaxe que proxecta a institución”. Para os populares o feito de que os lucenses “boten de menos a Orozco é un síntoma claro de que o goberno local non funciona e que hai que tomar as rendas dunha vez por todas”.
Castiñeira subliñou as dificultades na xestión dos socialistas: con proxectos de cidade bloqueados (PXOM; PEPRI …), con dotacións en barrios en compás de espera (Biblioteca Piringalla, Colexio Sagrado Corazón …), con servizos municipais con déficit acumulado de millóns de euros (guindastre municipal) e con empresas con contratos caducados (algúns dos máis chamativos os da xestión do ciclo da auga) e acordos municipais que non se tramitan como a municipalización da ORA.
O goberno socialista “é un goberno sen iniciativa que elude asumir responsabilidades” e que “leva a cabo un traballo máis de oposición a gobernos do PP, na Xunta ou no goberno central, que de traballo propio para resolver os problemas do día a día dos lucenses”. Nese senso, o voceiro popular destacou o baixo grao de execución dos acordos plenarios e o hábito que teñen os socialistas de apropiarse de iniciativas doutros grupos para presentalas como da súa autoría.
O voceiro do Grupo Popular concluíu que este primeiro ano de mandato dos de Lara Méndez foi “un ano perdido, de bandazos pola súa indefinición e a súa falta de proxecto de cidade”. Castiñeira pide á alcaldesa e aos seus concelleiros “que se apliquen” porque un ano no goberno “é tempo dabondo para organizar tanto o persoal como os servizos e liderar un proxecto de futuro para Lugo”.