Jaime Castiñeira destaca el “triple impulso” a la participación vecinal en www.ppdelugo.com con nuevos formularios de contacto, la apertura a comentarios y la posibilidad de compartir los contenidos a través de redes sociais
O Grupo Municipal do Partido Popular reforza a posibilidade de participación dos lugueses a través da súa nova web www.ppdelugo.com posta en funcionamento esta mañá aínda que incorpora todos os contidos elaborados dende o inicio deste mandato.
Nesa liña, o voceiro dos populares, Jaime Castiñeira, explicou que “este triplo impulso á participación” canalízase a través de varias ferramentas: a incorporación de dous formularios de contacto, na sección Participa e na de Respondemos, nos que se permite incorporar fotografías que ilustren denuncias, queixas ou propostas así como diversos datos de contacto “para favorecer un diálogo fluído”. Paralelamente, tamén se abren a comentarios as diferentes notas de prensa, “para que os veciños poidan libremente expresar a súa opinión con respecto á nosa postura e ás nosas propostas”, así como a integración de botóns cos que os usuarios poidan compartir nas redes sociais Facebook e Twitter os contidos da web. “Tal é a nosa aposta pola participación que o primeiro que atopa calquera veciño que acceda á web é esa chamada ás súas ideas”, sinalou o popular.
Novidades da web.-
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Jaime Castiñeira tamén sinalou que a web inclúe unha serie de novidades con respecto á anterior versión deste portal dixital. Entre elas, aludiu á incorporación de contidos en audio e vídeo, como os cortes de voz que acompañan a cada nota de prensa; á posta en funcionamento de dúas versións nos dous idiomas oficiais do país; á presentación do equipo de concelleiros “dun xeito máis visual e cun currículum vitae de cada un deles, así como as áreas que ten encomendadas no grupo”; á nova sección de Acción municipal na que se integran todas as proposicións plenarias defendidas polos edís populares “para facilitar tamén o control cidadán respecto da nosa estratexia”; e o enlace ao proxecto para Lugo, no que se enlaza á web de campaña de maio de 2015.
Castiñeira subliñou que “en definitiva, trátase dun espazo moito máis aberto, intuitivo, visual e dinámico, onde o que verdadeiramente importa son o diálogo e as ideas dos lucenses, que son as que, sumadas ao noso esforzo e á nosa capacidade institucional, poden facer avanzar a Lugo diante dun goberno hermético, pechado en si mesmo e sen ningunha idea de presente nin de futuro para o municipio”.
Por último, os populares continuarán incrementando o seu contacto cos lucenses, acompañando esta nova ferramenta online cun novo calendario de presenza en rúas e na zona rural. A título de exemplo, varios edís desta formación política visitarán mañá venres día 5 parroquias coma Santa María de Bóveda, Recimil ou Carballido, entre outras.