Cultura

Los populares piden al gobierno local más seriedad en la organización de los concursos de Arde Lucus

By 12 julio, 2017julio 18th, 2017No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP, Antonio Ameijide, denunció que “aún no se resolvió el concurso de decoración de escaparates, un evento que solo contaba con dos participantes inscritos”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio, pedíu esta mañá “máis seriedade ao equipo de goberno na organización dos concursos do Arde Lucus”. Así asegurou Ameijide despois da comisión de festas desta mañá, que estivo centrada no Arde Lucus, e na que a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, asegurou que non houbo ningún tipo de incidencia nin reclamación.

Para o voceiro municipal do PP “non é de recibo que 10 días depois de rematar os festexos aínda non se fallara o concurso de decoración de escaparates”. O máis grave para Ameijide “é que neste concurso só hai dous establecementos inscritos, polo que non é de recibo que teñan que agardar tanto pola resolución”.

Antonio Ameijide denunciou tamén “a falta de sensibilidade do goberno local cos participantes, xa que son xente que tivo que empregar o seu tempo e o seu diñeiro para participar neste concurso”.

Por iso o popular pídelle ao goberno local “máis sensibilidade en todo o que rodea ao Arde Lucus porque non é o único problema que houbo este ano, xa que dende o equipo de goberno anunciaran que o segundo clasificado no concurso de fotografía recibiría dous pares de entradas para o circo romano e logo so se lle entregau un par de entradas”.

Antonio Ameijide engadíu que “Lara Méndez debería coidar moito a organización do Arde Lucus xa que é moi importante acadar o volume de visitantes que teñen estos festexos, pero é máis importante manter ese nivel”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies