El Grupo Municipal del Partido Popular reclamará en el próximo pleno, ante la posible responsabilidad patrimonial que se pueda derivar hacia el Ayuntamiento en el caso del Garañón, la creación de una Comisión para garantizar la defensa de los intereses de los lucenses
O voceiro popular Jaime Castiñeira anunciou esta mañá en rolda de prensa que solicitará no vindeiro pleno a creación dunha Comisión para garantir a defensa dos intereses dos lucenses en relación á CS-5 e o seu entorno “co obxectivo fundamental de que os veciños non teñan que asumir, en ningún caso, ningunha indemnización”.
Así, ante a posible responsabilidade patrimonial que se poida derivar cara ao Concello no caso do Garañón, os populares reclamarán, ao amparo do artigo 135 do Regulamento Orgánico de Pleno, o establecemento dunha comisión específica non permanente, con representantes de todos os grupos políticos municipais, “que estude cal é a mellor garantía para que os intereses que primen sexan os dos lucenses, e non os particulares dos concelleiros do goberno”.
Jaime Castiñeira considerou “oportuna, conveniente e necesaria” esta Comisión, “máis aínda tendo en conta o posible conflito de intereses que se pode dar entre os membros do actual goberno que votaron a favor nesa xestión urbanística”. Nesa liña, lembrou que tanto as xuntas de goberno do 17 de agosto de 2005 e a extraordinaria do 31 de decembro de 2005 como o pleno do 7 de novembro de 2005 que aprobaron o proxecto (convenio, PERI, cambio de sistema de xestión previsto no PXOM e resolución de alegacións) contaron cos votos favorables de dous dos actuais edís (Carmen Basadre e José Manuel Díaz Grandío) e co dun familiar en primeiro grao dun terceiro dos concelleiros socialistas (Xosé Daniel Piñeiro). “Ao mellor os seus intereses persoais van en contra do que é máis conveniente para todos os lucenses”, indicou Jaime Castiñeira, para o que ve “imprescindible” que a Comisión teña “toda a información posible”.
Así mesmo, o popular apuntou que no marco desta Comisión se deberán analizar todas as posibilidades, sen descartar incluso a de personarse na causa. “A partir dunha reflexión pausada e dun asesoramento xurídico, incluso externo ao Concello, haberá que analizar se é posible legalmente e, a partir de aí, se é positivo ou é contraproducente tomar esta decisión, sempre pensando exclusivamente nos intereses de todos os lucenses”, subliñou, xa que “o obxectivo é que ningún veciño teña que pagar un só euro das indemnizacións, valoradas polo promotor en decembro de 2011 en 25,8 millóns de euros, que os socialistas lle blindaron ao promotor no convenio asinado por eles”. Nese senso, o voceiro popular reiterou “o que dixemos dende o primeiro momento: se se produce algunha condena, quen debería asumila son quen avalaron cos seus votos este proxecto, pero non o resto dos lucenses”.
Por último, Jaime Castiñeira sinalou que agarda contar co respaldo dos outros cinco grupos políticos municipais, de xeito que “o primeiro acordo sexa por unanimidade e sirva para ir pechando, dez anos despois, un dos graves problemas que o Partido Socialista e o seu urbanismo á carta lles teñen provocado aos lucenses”.