El vicevoceiro del PP Antonio Ameijide explicó que “con este gesto, queremos mostrar que estamos con las reivindicaciones de los vecinos y vecinas que viven y que trabajan en explotaciones ganaderas y agrícolas de las 54 parroquias de nuestro municipio”
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide, xunto cos concelleiros Rafael Pérez, Óscar Poy e Mar Carballas, viaxarán este domingo con gandeiros e labregos do municipio de Lugo “para sumarse á manifestación que terá lugar en Madrid en apoio ao rural, e para sinalar que “a zona rural cos socialistas está marxinada e olvidada”.
Os populares defenden a necesidade de involucrarse cun sector “importantísimo e con grande peso no noso municipio” engadindo que “queremos estar preto dos veciños e veciñas das 54 parroquias de Lugo”. “De feito, esta viaxe a Madrid para participar na manifestación do 20M Rural é unha forma de reflexar que estamos con todos eles e que apoiamos as súas reinvindicacións”.
Para os populares “a decepción da veciñanza da zona rural tanto co xefe de filas da alcaldesa, Pedro Sánchez, como coa propia rexedora é total”. No ámbito municipal consideran “un despropósito que, a estas alturas, e tras 22 anos sega sen estar aprobado o 5% do PXOM bloqueando a concesión de licenzas para incrementar o asentamento de poboación”. “Esta non é a única problemática que frea, no municipio de Lugo, o desenvolvemento das nosas parroquias insistindo en que é necesaria unha mellora de servizos así como o saneamento e o abastecemento”.