Javier Vázquez afirmou que a Escola de Música é un servizo público fundamental na oferta cultural e educativa de Lugo lembrando que o problema da situación que vive nestes momentos vén motivado porque o goberno local “se nega a cumplir o acordo do pleno de subir aos músicos da banda á categoría retributiva que lles corresponde como docentes”
Os populares recriminan ao responsable desta área, o BNG, que “poña en risco este servizo público que conta cunha alta demanda e que deixe na estacada aos 350 lucenses que se apuntaron nas listas deste curso académico que debería estar funcionando dende setembro”.
Dende o PP queren respostas claras indicando como “o 28 de novembro rematou o prazo para que se presentansen as persoas interesadas en formar parte do equipo directivo da Escola de Música, un órgano necesario para que funcione este servizo”.
Vázquez lamenta que a falta de xestión e previsión do BNG poña e perigo este servizo e que, a estas alturas, segamos sen ver unha solución clara no horizonte.
Tamén insiste en que hai desinformación aos usuarios, de feito, a Circular Informativa que hai na porta da Escola se pode ler que a previsión é iniciar a actividade académica nos primeiros días de outubro.
“Os servizos que dependen do BNG ou ben, acaban con eles como é o caso da Banda de Música hoxe, desmantelada, con tan só 17 persoas ou ben están en perigo como sucede coa Escola de Música” polo que pedimos unha solución urxente e un compromiso real coa cultura.