El argumento del gobierno local de que no hay dinero no cuadra con su actitud de nuevos ricos que gastan a manos llenas el dinero de los fondos europeos en proyectos de dudosa utilidad como el “impulso verde, el carril bici o las caldas del Miño”.
Carballo explica que los socialistas y nacionalistas rechazan esta iniciativa simplemente por el hecho que viene de la mano del Partido Popular “nosotros pensamos en diseñar una ciudad en global y no somos partidarios de la política urbanística a la carta y de parches de cuño socialista”, concluyó el portavoz popular.
O Concello de Lugo é a día de hoxe, e trala última transferencia realizada no ano 2020 é titular dunha parte da N-VI que transcorre polo municipio. O feito de conseguir a titularidade da totalidade do tramo que transcorre pola cidade permitiría avanzar na conexión da trama urbana da cidade coa zona fluvial, ademais de permitir avanzar nos proxectos en marcha nas beiras do río e que permiten a integración do río na cidade e posibles actuacións na outra beira do río, sempre tendo en conta a prioridade de preservar o entorno para o disfrute dos cidadáns.
Por tratarse este tramo, na realidade, dunha vía máis da cidade, posto que é empregada polos cidadáns (un 80% do tráfico é interior, de vehículos cuxo traxecto comeza e finaliza na cidade), a súa cesión suporía unha oportunidade de dar continuidade a un modelo de cidade integral que alcance ambas marxes do río.
A cesión dese tramo permitiría dar continuidade ás actuacións que, dentro da estratexia DUSI, que leva da man o proxecto Muramiñae, e no que se incluíron actuacións tales como a controvertida pasarela que conecta o Anxo Carro co barrio da Cheda, ou a mellora do paso soterrado que permitirá un mellor acceso da cidade ás beiras do Miño e ao Pazo de Feiras, favorecendo a integración do río na trama urbana, etc.
O concello xa anunciou que outro dos proxectos que se pretende levar a cabo é a reforma integral da Volta da Viña coa intención, que dende o GMPP compartimos, de diminuír o tráfico rodado nas proximidades da Ponte Vella.
Segundo parece, e logo dos atrasos acumulados froito da falta de dilixencia e coordinación entre o Concello e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, parece que agora si se vai a levar adiante o proxecto da rotonda que une a Avenida Alfonso X coa Nacional VI, coa que sen dúbida non só mellorará a fluidez do tráfico nesa zona da cidade, senón tamén a seguridade.
Por todo iso nos parece un bo momento para solicitar do Ministerio que, unha vez executada a citada rotonda se proceda a ceder ao concello de Lugo o tramo que vai dende os acesos á Avenida de Madrid á Ponte Branca que, na realidade, xa é un tramo urbana.
Parécenos a continuación lóxica dun proceso que permitiría ao Concello de Lugo levar a cabo unha actuación integral que permita, unha vez conseguir a titularidade da totalidade da vía, humanizar este tramo facendo que se converta nunha travesía integrada na cidade. Unha actuación, entre outras, que se podería executar sen depender doutras Administracións, co custo en tempo que leva aparellado.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- Que o Concello de Lugo solicite ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a cesión do tramo da N VI comprendido entre o acceso á Avenida de Madrid e a Ponte Branca.
- Que unha vez conseguida dita cesión se elabore unha actuación integral sobre a vía para humanizala e convertela nunha travesía que se integre no rueiro da cidade e favorecendo o acollemento que perciben os veciños e os visitantes da nosa cidade.