El portavoz del Grupo Popular, Ramón Carballo junto con el viceportavoz Antonio Ameijide y la edil Sagrario Sánchez recibieron hoy a una representación de dos Asociaciones de feriantes e industriales tanto de Galicia como de España. Tanto o presidente da Asociación de Industriais e Feirantes de España como o vicepresidente dos Empresarios de Atraccións de Feira de Galicia amosaron “o seu pesimismo pola falta de diálogo do goberno local para montar este ano as súas atraccións coincidindo coas festas do San Froilán” asegurando que “non hai interese, nin nos dan resposta á nosa petición de traballar neste San Froilán deixándonos aos pés dos cabalos”.
Para a concelleira do PP Sagrario Sánchez está claro que as afirmacións da responsable de Cultura de que estudiaría a proposta do grupo popular para que houbese nas patronais de Lugo barracas é “un novo engano para gañar tempo”. “Teñen a decisión tomada e salvo que lles presione o seu socio de goberno non van cambiar de postura” aclarou lamentando que “non se de unha oportunidade aos feirantes para montar as súas atraccións pese a que os protocolos o permiten”.
Sánchez insistiu “o BNG nunca tivo vontade para organizar o recinto feiral e se escuda na covid cando é coñecedor de que hai moitísimos concellos que permiten que funcionen as barracas”. “Os nacionalistas, co visto bo do PSOE queren facer unhas patronais feitas a medida sen contar coa opinión de ninguén” puntualizaron.
Os populares insisten en que ainda hai prazo e opcións legais para montar as barracas polo que piden ao bigoberno solidaridade coas familias dos feirantes que están atravesando momentos difíciles como consecuencia da crise sanitaria vivida.