La concejala popular Sagrario Sánchez manifestó que “era visto que esto iba a pasar” recordando como hace unos días el Grupo Popular alertaba “que el servicio estaba en riesgo” acusando al gobierno de Lara Méndez de “falta de planificación”
O Grupo Municipal do Partido Popular pide ao goberno de Lara Méndez que reaccione de forma inmediata e que solvente o colapso do 010. Os veciños e veciñas de Lugo non teñen porque sufrir as consecuencias do bloqueo dun servizo público polo que o concello paga cada mes.
Sagrario Sánchez manifestou que “todo o mundo sabía que había problemas coa empresa adxudicataria que ten contratada o Concello de Lugo” engadindo que “os traballadores xa alertaran da situación polo que o bigoberno non pode alegar descoñecemento, e nin tan sequera se pode escudar en que a situación de hoxe lles colle por sorpresa”.
Os populares están preocupados pola deriva que tomou este servizo xa que o 010 é unha peza clave para que o cidadán se comunique coa administración. “Se ben é certo que dende hai uns días hai xa unha forma de conseguir cita por vía telemática, seguen a ser moitos lucenses os que recurrían a este teléfono para facer calquera consulta”.
A falta de previsión deixa a todos estes lucenses aos pés dos cabalos, de feito ata a oficina do Grupo Popular chegaron queixas de veciñas que intentaban solicitar información porque hoxe se abría o prazo para solicitar prazas nas Escolas infantís.