Conseguimos el apoyo de la corporación para negociar con Abanca la cesión de las instalaciones educativas del Sagrado Corazón que volverán a manos de la entidad financiera en 2018. También se acordó que el Concello facilite terrenos y la Xunta los fondos necesarios para la construcción de un nuevo centro de salud para el barrio.
O Grupo Municipal do Partido Popular tivo claro desde o primeiro momento que o barrio do Sagrado Corazón tiña que contar cun novo colexio e que as actuais instalacións e terreos que o albergan pasasen a ser de titularidade municipal.
O convenio de cesión das instalacións do actual colexio remata no ano 2018, polo tanto o Concello de Lugo debe iniciar no menor prazo de tempo posible as xestións oportunas cos titulares das citadas instalacións coa finalidade de que as mesmas sexan cedidas o Concello e poidan destinarse a un uso público que permitan a súa transformación en equipamentos para o barrio, como pode ser un novo centro de saúde, unha pista polideportiva, unha praza pública, ou locais para un centro social, asociacións de tipo social, veciñal e xuvenil, etc.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
- Instar ao goberno municipal a iniciar, de forma urxente, á negociación co titular das instalacións de uso educativo do Sagrado Corazón para conseguir a súa cesión ao Concello de Lugo.
- Unha vez que estas dependencias pasen a ser de titularidade municipal se realicen os estudos necesarios para determinar se neste espazo é viable, entre outros usos, instalar un novo Centro de Saúde no barrio e de ser viable poñelo a disposición da Consellería de Sanidade para a construción do mesmo
- No caso no de que non se adecúe o espazo existente para este uso sanitario, que o goberno local inicie os trámites para a posta a disposición da Consellería de Sanidade dos terreos necesarios para a construción dun novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón e sempre no entorno do barrio.