Economíatransparencia

El PP se abstiene en la Cuenta General de 2019 por la baja ejecución de inversiones

By 20 enero, 2021No Comments

En el pleno celebrado esta mañana en el Ayuntamiento de Lugo Ramón Carballo acusó al bipartito de ser un “gobierno de intenciones” y le reprochó su ineficacia por materializar obras

O voceiro do Grupo Popular xustificou a abstención dos populares na Conta Xeral de 2019 tomando como base o baixo grao de execución do orzamento de investimentos xa que quedou “85% dos 21M€ sen gastar”. Para Ramón Carballo esta situación é moi preocupante porque demostra, unha vez máis, a incapacidade de xestión do PSOE e o BNG.

“Non é de recibo que o goberno máis caro da historia do concello de Lugo con 13 concelleiros con adicación exclusiva, máis os seus asesores con soldo público só conseguisen un grao de execución de investimentos dun 15,37%. Eso significa que dos 21.336.271 € do capítulo de investimentos tan só se executaron 3.279.393M€ e que quedaron 18.056.877 € sen gastar” aclarou.

O popular tamén recriminou que  PSOE e BNG impuxeran para este 2020 subas encubertas de taxas e impostos. Por último, Carballo lamentou que “un ano máis o bigoberno aprobe o documento fóra de prazo” lembrando que o trámite tiña que estar feito o pasado 8 de xaneiro e “que podíamos ter aforrado os cartos que supón convocar esta sesión de pleno extraordinaria”. “Deixense de tanta terminoloxía bonita para dar titulares sobre Vancuver e céntrense en xestionar e de dar solución aos problemas do día a día dos veciños de Lugo e invistan o que é noso”, resumiu Carballo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies