Los populares consiguieron el compromiso de PSOE y BNG par instar al Gobierno de España a iniciar los trabajos necesarios para el desdoblamiento e iluminación de la Ronda Norte así como diseñar una vía de servicio que conecte la A-6 con el polígono de las Gándaras, actuaciones fundamentales para que las empresas lucenses sean más competitivas
As empresas están chamadas a cimentar o crecemento económico, a sustentabilidade e a cohesión social dunha cidade e para isto precisan de espazos con equipamentos, recursos e coas infraestruturas operativas precisas para desenvolver a súa actividade. Así, a creación de parques empresariais ou industriais permite a retroalimentación do sector empresarial que con esta localización crea unha separación de espazos entre as localizacións de desenvolvemento industrial e os espazos urbanos.
Hai algo máis de catro décadas poñíase en marcha o Polígono industrial de O Ceao, un polígono que permitía á industria lucense instalarse nun lugar que sería o motor da economía da cidade e da provincia. Ante a case total ocupación deste polígono e a demanda existente, posteriormente púxose en marcha o Polígono de As Gándaras que veu a dar resposta á demanda existente de superficie industrial. Tal é así que a día de hoxe xa hai dúas fases deste polígono con toda a súa superficie adxudicada e estase a realizar unha ampliación de 140 parcelas (terceira fase) e xa están en previsión as seguintes fases.
Pero non só se trata de dar superficie e parcelas, os polígonos precisan servizos e infraestruturas axeitadas e que faciliten a actividade empresarial. Así, en Lugo, faise preciso mellorar a conectividade entre ambos parques así como os accesos a cada un deles para posibilitar a implantación e a consolidación empresarial. Estamos a falar dunha demanda compartida coas asociacións empresarias e que é clave para a competitividade do municipio.
É por isto que o Partido Popular presentaba unha serie de emendas aos orzamentos nacionais, pedindo, entre outras, “habilitar unha consignación para facer vías de servizo paralelas a A-6 co ánimo de desconxestionar os accesos ao polígono do Ceao así como facilitar as entradas e as saídas de vehículos do polígono das Gándaras” e para o desdobramento e iluminación da Ronda Norte xa que na actualidade presenta uns elevados índices de circulación. Ambas solicitudes foron rexeitadas polo goberno central.
Ademais das conexións do Polígono industrial das Gándaras, tamén é preciso maior implicación do Concello de Lugo no mantemento viario, limpeza, mantemento de beirarrúas, zonas verdes… xa que se atopan nun deficiente estado de mantemento.
Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- O Concello de Lugo inste ao Goberno de España, como titular destas infraestructuras, a iniciar os traballos necesarios para o Desdobramento e iluminación da Ronda Norte así como deseñar unha vía de servizo que conecte a A-6 co polígono das Gándaras. Contando no seu deseño co asesoramento necesario e criterios marcados polo Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.