Urbanismo

El PP activa la Mesa de Urbanismo para el debate, el análisis y la aportación de ideas sobre cuestiones urbanísticas

By 30 junio, 2023No Comments
  • O Grupo Municipal activou a mesa de expertos en urbanismo, coordinada por Ramón Cabarcos, na que se analizarán cuestións relacionadas cun novo modelo de planificación urbanística e que afectan ao día a día da cidade e na que, tamén, se presentarán propostas e solucións para o desenvolvemento dos barrios de Lugo
  • A voceira popular, Elena Candia, que presidiu esta primeira mesa de traballo, destacou o perfil de Cabarcos como “unha das persoas que ten unha visión máis global sobre a contorna pola súa formación técnica como arquitecto” engadindo que “a súa experiencia como Director da Escola Ramón Falcón aportará a visión pedagóxica e práctica necesaria para trasladar á cidadanía os proxectos que defende o PP para construir un Lugo mellor”
  • Pola súa banda Cabarcos manifestou que “este espazo de traballo busca un debate sosegado, unha análise rigurosa e a aportación de ideas sobre ordenación urbana e planificación sen olvidarnos de facer un seguimento dos compromisos que PSOE e BNG adquiriron no pacto de goberno”

PEONALIZACIÓN CASCO HISTÓRICO

  • O primeiro asunto que se abordou, por cuestión de actualidade e de prazos, é o das obras de peonalización do centro de Lugo nas que o Partido Popular ten varias propostas elaboradas que mellorarían os proxectos que o goberno local executa sen apenas dárlle publicidade e sen escoitar aos sectores afectados
  • Nos próximos días o Partido Popular explicará a diferentes colectivos estas medidas co ánimo de consensuar, ver outros enfoques e encaixar ao noso documento as achegas que nos trasladen

COMPOSICIÓN MESA TÉCNICA

  • O equipo técnico da mesa de urbanismo do Grupo Municipal do PP, que acordou manter encontros mensuais, está conformado polos arquitectos Manuel Cortón e Luis Asorey, así como polo enxeñeiro industrial Miguel Couto e contarase coa participarán doutros concelleiros do grupo municipal. Nesta primeira xuntaza invitouse ao xefe da área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Lugo Marco Antonio Fernández Piñeiro.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies