EconomíaMedio Ambientetransparencia

El PP acude al julgado para garantizar la transparencia en el proceso de la Fábrica da luz y que los políticos responsables paguen los 2,4M€ de la indemnización

By 14 noviembre, 2022No Comments

El Partido Popular anunció que llevó al julgado el procedimiento de la concesión de la Fábrica da luz por entender que “os políticos responsables de tomar malas decisións na concesión da explotación e mantemento desta minicentral hidroeléctrica son os que deben asumir, co seu patrimonio, os 2,4M€ que se indemnizaron á empresa adxudicataria”.

Antonio Ameijide di que o Grupo Popular acude á vía penal para garantir a transparencia nun proceso que dende o minuto 1 está teledirixido pola alcaldesa de Lugo. Unha nova proba do oscurantismo do expediente témola no feito de que o concello deixou caducar o expediente do procedemento o que supón que se volva a reanudar para, deste xeito, gañar tempo para alongar o proceso e que non coincida en campaña electoral”.

Cronoloxía

 Trala condena ao Concello de Lugo a indemnizar a concesionaria da Fábrica da luz a pagar 2,4M€ á adxudicataria, o Partido Popular conseguiu o voto unánime da corporación, en xuño de 2020, para promover as accións pertinentes para depurar responsabilidades ás autoridades e funcionarios responsables e que pagasen do seu peto esta indemnización.

A raiz deste pleno a alcaldesa de Lugo o 19 de maio de 2022 asina un decreto para iniciar o expedente de responsabilidade e curiosamente “elixe a dous chivos expiatorios para cargarlles as culpas desta neglixencia excluíndose a ela do procedemento a pesar de que durante o seu mandato adoptou decisións que tiveron como consecuencia o pago desta indemnización millonaria”.

Dado o oscurantismo do procedemento teledirixido pola alcaldesa o PP decide levar o asunto ao xulgado e presenta un escrito para persoarse no expedente administrativo para que en aras á transparencia os concelleiros populares poidan participar na súas tramitación”.

Resulta sorprendente que o goberno local decida rexeitar este recurso de reposición no que “en aras a transparencia” se pedía que Lara Méndez “que non fose parte, xuíz e verdugo do proceso que debe dirimir responsabilidades pola perda da concesión da Fábrica da Luz”.

Por este motivo, dende o Grupo Popular se decide presentar o pasado 3 de novembro un recurso contencioso no xulgado contra a resolución que inadmite o recurso de reposición que presentou o PP para impugnar o decreto de alcaldía”.

Luz e taquígrafos

 O recurso de reposición presentado polo PP e que rexeitou o goberno local fundamentábase en varias cuestións. A primeira, o informe da Asesoría Xurídica municipal que “non se limita a dictaminar senón que vai máis alá do mandato da proposición de pleno aprobada pola corporación hai 2 anos”. “Resulta evidente que o contido deste informe extra limítase do ordenado polo pleno e que predetermina en quen deberá recaer a responsabilidade excluíndo á alcaldesa, pese a que esta participou no procedemento de contratación así como que tamén tivo coñecemento da necesidade de solicitar en prazo a prórroga en cuestión”, explica.

Outro aspecto que “curioso” é o feito de que sexa Lara Méndez a que asine o decreto “excluíndose a si mesma de responsabilidade algunha, cando non só é a máxima responsable do goberno municipal, senón que, como alcaldesa se lle notifica persoalmente a necesidade de solicitar en prazo a prórroga da concesión”.

Antonio Ameijide concluiu asegurando que “o Partido Popular vai a ir a por todas para dirimir responsabilidades e que paguen os políticos responsables do fracaso na concesión da Fábrica da Luz que nos custou aos lucenses 2.4M€ de indemnización a Inca”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies