Antonio Ameijide explica que tras realizar un primer análisis de los contratos menores de 2022 se comprobó como Lara Méndez benefició en numerosas ocasiones a varias personas que figuran en puestos de salida de su candidatura para las municipales
Os contratos menores no Concello de Lugo seguen a ser empregados por Lara Méndez como unha axencia de colocación, xa que na listaxe de contratos menores que se concederon durante o ano 2022 pode verse como hai algunha das caras novas que integran a lista da candidata do PSOE.
Antonio Ameijide explica que despois botar unha primeira ollada aos contratos menores de 2022 e anos anteriores comprobamos como “Lara Méndez empregou os contratos menores como unha plataforma de contratación e a proba é que as dúas únicas persoas que convenceu para formar parte da lista foron claramente beneficiadas nos contratos menores”.
Un destes exemplos é o caso do número 6 da candidatura, Jorge Bustos, que dende o ano 2020 aumentou notablemente o número de contratos menores recibidos por parte do goberno de Lara Méndez. Así, en 2020 facturou ao Concello de Lugo (a través da súa empresa) 10.890€ (nun único contrato); en 2021 26.952,75€ (en tres contratos); e en 2022 82.025,90€ (en oito contratos). En total, 119.868,65€.
Tamén é curioso que a número 9 da lista, Ángeles Novo, que nos últimos anos tamén aumentou a súa facturación e actividade co Concello de Lugo. En 2021 facturou 605€ nun único contrato, mentres que en 2022 facturou 3.678,40€ tamén nun único contrato. En total 4.283,40€, pero a realidade é que posiblemente facturase unha cantidade maior xa que nas redes sociais do Concello de Lugo e desta persoa figuran charlas sobre nutrición para o Concello de Lugo dende o ano 2020.
Ameijide destaca tamén o caso de Waldir Sinisterra, que aínda que non aparece na listaxe de contratos menores “é o antigo socio de despacho de Paula Alvarellos”. “Queda patente que ninguén quixo acompañar a Lara Méndez na candidatura e tivo que recorrer a este tipo de tretas para poder formar a lista”, explicou.
E nesta primeira análise que os populares realizaron dos contratos menores de 2022 destacan que Lara Méndez gastou 7.225.540,16€ neste concepto deixando datos tan preocupantes como:
- Non cumpriron coa obriga de actualizar trimestralmente os contratos menores e non foi ata marzo de 2023 cando publicaron todos os contratos menores de 2022, nunha mostra clara de falta de transparencia
- Lara Méndez outorgou 1.496 contratos menores en 2022
- Os contratos menores de 2022 deixan cifras tan alarmantes como que gastaron 22.865,63€ en contratos menores ao día
- custe medio de cada contrato menor asignado por Lara Méndez en 2022 foi de 4.829,90€
Doutra banda, para Antonio Ameijide a listaxe que publicou o goberno de Lara Méndez segue a ocultar datos, xa que non se facilita, entre outros datos, o número de empresas ás que se lle pediu oferta, un dato fundamental para coñecer se deron participación ou non a autónomos de Lugo. Todo apunta a que o bigoberno segue a empregar a fórmula dos “contratos a dedo saltándose o principio de igualdade que se supón debería aplicar”.