Ramón Carballo: “Las cuentas que nos presentan hoy para 2022 retratan a un gobierno que solo busca sacar rentabilidad electoral pero que carece de un proyecto único para Lugo”
O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo asegurou hoxe que o Grupo Popular non pode apoiar as contas do PSOE e do BNG para 2022 “porque nin atenden as necesidades reais dos lucenses, nin están pensadas para a recuperación postpandemia e poderían acarrear unha suba encuberta das taxas e impostos”.
O voceiro dos populares aproveitou a súa intervención no pleno para afear que Méndez e Arroxo por “antepoñer as axendas do seu partido á axenda municipal” en alusión a que “atrasaron a sesión do pleno para que a alcaldesa puidese ir a Ourense a aplaudir a chegada dun AVE, que a Lugo no vagón de cola e para que o seu vicealcalde protestase, cunha viaxe en tren, polo desprezo de Sánchez polos servizos ferroviarios que temos esquecéndose que o BNG axudou co seu voto a que estea na Moncloa”.
“Estamos diante dunhas contas que só son solidarias cos seus afíns. Proba delo é que xestionarán 4,6M€ € en gastos diversos para o autobombo persoal de Méndez e Arroxo” manifestaba. Por outra parte asegurou que “non podemos respaldar uns orzamentos onde non aparecen partidas para concluir proxectos que levan anos prometendo como a praia fluvial ou que carece de orzamentos para a posta en marcha do novo Auditorio de Magoi”.
Durante a súa intervención, o voceiro dos populares de Lugo manifestou que “as desavenencias deste bigoberno nos siguen saíndo moi caras aos lucenses. De feito transformaron a concellería do PSOE de Promoción do Emprego nunha concellería paralela de obras á área de Infraestructuras do BNG coa única finalidade de sabotar aos nacionalistas. En conclusión, reflexionaba “os perxudicacos, como sempre, son os lucenses a quen lles sacan fondos para fomentar o emprego para facer obras nesta nova área socialista que competirá coa do BNG”.
Ramón Carballo lembrou que “estes orzamentos se fixeron sen diálogo e sen participación de ninguén e que se resume en máis do mesmo” lembrando que “presentamos 76 propostas en positivo e con afán constructivo que se encontraron co muro infranqueable da alcaldesa, Lara Méndez, e o seu vicealcalde, Rubén Arroxo”.