El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que tanto la regidora como el vicealcalde estimaron tener en 2020 unos ingresos de 149.572.823,43€, de acuerdo con la liquidación aprobada en pleno, pero solo recaudaron 69.455.563,94€, un dato que evidencia lo que se denunció en numerosas ocasiones desde el PP, que los presupuestos de PSOE y BNG estaban inflados y muy lejos de la realidad
O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirma que os datos da liquidación dos orzamentos de 2020 certifican o que no seu momento se denunciou por parte do PP, que os orzamentos que elaboraron e aprobaron PSOE e BNG “estaban falseados” e non se correspondían coa realidade.
Antonio Ameijide explica que segundo os datos da liquidación de 2020 o Concello de Lugo só recadou o 46,4% dos ingresos que tiña previstos, o que demostra que as contas de Méndez e Arroxo, as primeiras que realizaron como bigoberno, “estaban infladas” e non se correspondían coa realidade dunha cidade como Lugo.
Segundo estes datos, tanto Méndez como Arroxo tiñan unha previsión inicial de ingresos de 100.061.680,84€, unha cifra á que posteriormente sumaron créditos e suplementos, o que deixou unha cifra total de ingresos agardados de 149.572.823,43€. Pero a realidade é a que é, e o Concello de Lugo tan só ingresou durante o ano 2020 69.455.563,94€, unha cifra moi inferior ás previsións da alcaldesa e o vicealcalde.
Ao estudar o desglose de ingresos por partidas, pode comprobarse como Méndez e Arroxo están moi lonxe da realidade xa que hai partidas nas que “inflaron” a cifra de ingresos esperados, pero a liquidación deulles unha lección de realidade.
Concepto | Ingreso estimado | Ingreso real | %Recadado |
Imposto sobre o incremento do valor de terreos de natureza urbana (plusvalías) | 2.700.000,00 € | 529.876,36 € | 19.6% |
Imposto sobre construccións, instalacións e obras | 2.000.000,00 € | 717.262,11 € | 35.8% |
Taxa por licenzas urbanísticas | 800.000,00 € | 337.916,59 € | 42.2% |
Taxa por subministración de auga potable | 4.947.007,00 € | 1.877.085,45 € | 37.9% |
Taxa por sumidoiros | 2.750.000,00 € | 1.041.087,59 € | 37.9% |
Taxa por recollida domiciliaria de lixos | 7.281.230,11 € | 3.365.774,01 € | 46.2% |
Taxa por licenza apertura establecementos | 300.000,00 € | 96.753,60 € | 32.2% |
Taxa por inmobilización, retirada e depósito de vehículos | 130.000,00 € | 30.594,40 € | 23.5% |
Prezo público por entradas en exposicións e espectáculos | 100.000,00 € | 14.549,80 € | 14.0% |
Multas por infraccións da Ordenanza de circulación | 2.000.000,00 € | 710.886,23 € | 35.5% |
Outras transferencias da Unión Europea | 3.193.142,55 € | 29.038,10 € | 0.9% |
Outras transferencias da Unión Europea | 2.704.000,00 € | – € | 0.0% |
Como se pode ver na táboa anterior, as previsións de ingresos estimadas por Méndez e Arroxo distan moito das reais, polo que pode dicirse que os datos da liquidación de 2020 deron “unha lección de realidade” á alcaldesa e ao vicealcalde.
Por exemplo, no que se refire ao imposto de sobre construccións, instalacións e obras e as taxas por licenzas urbanísticas, a diferencia entre ingresos estimados e reais débese, principalmente, ao colapso na concesión de licenzas que hai no Concello de Lugo.
No referente ás taxas por apertura de establecementos ou entradas por espectáculos e exposicións, está claro que a crise da covid afectou, pero, tal e como informa o interventor municipal nun informe recente hai “un importante estancamento na evolución dos ingresos, completamente diferente á evolución ascendente en materia de gastos”, unha situación que afirma “non imputable á situación extraordinaria actual motivada polo COVID19”.