Servicios sociales

El PP acusa al gobierno de “cronificar” la inseguridad en los centros sociales

By 4 mayo, 2017No Comments

La edil popular Mari Teijeiro denuncia que los socialistas llevan prácticamente un año sin adjudicar el contrato de vigilancia de los centros de convivencia “que tantos años llevábamos pidiendo usuarios, trabajadores y el Partido Popular”

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Mari Teijeiro acusa ao goberno local de “cronificar” a inseguridade nos centros sociais.

Tal como explica a edil popular, resulta “incomprensible e inxustificable” que practicamente un ano despois de iniciar o proceso de contratación “a día de hoxe siga sen concluírse”. Nesa liña, Teijeiro lembra que a Xunta de Goberno aprobou os pregos de contratación na súa sesión do 8 de xuño de 2016, mentres que saíu a concurso público no Boletín Oficial da Provincia do 23 de xuño de 2016 e a Mesa de Contratación para seleccionar a oferta máis vantaxosa celebrouse o 26 de xullo de 2016, dous meses antes de que a Mesa de Contratación escollera a mellor proposta con data 30 de setembro de 2016. “O que se desprende, oito meses despois, da demora nestes prazos é o desinterese e a despreocupación do goberno local por este servizo”, asegura Teijeiro, quen destaca que “é certo que os socialistas nunca creron na defensa da seguridade dos seus traballadores e dos seus usuarios pero cando pola presión social deciden iniciar un proceso de contratación o lóxico é que o conclúan nun tempo razonable”.

Así mesmo, a concelleira popular lamenta a “irresponsabilidade e a falta de sensibilidade” que está a amosar a alcaldesa ao “desentenderse claramente” de evitar que se repitan incidentes como os que se teñen producido como os intentos de agresión, os roubos ou os conflitos entre usuarios que se teñen producido nestas dependencias. “Non imos ser nós quen contribúa a xerar alarmismo pero a ninguén se lle escapa que este tipo de situacións son profundamente indesexables e que o mínimo que habería que facer é arbitrar todas cantas medidas teña ao seu alcance o Concello para que non se volvan producir casos así”, asegura.

Neste senso, Teijeiro incide en que “cando do que deberíamos estar a falar é de que está a comezar o segundo ano de vixencia deste contrato, cun prezo de adxudicación de preto de 600.000 euros, o que vemos é que o goberno local continúa a bloquear este reforzo, exactamente igual que levan facendo os socialistas moitos anos malia á insistencia tanto dos traballadores e usuarios como do Grupo Municipal do Partido Popular”.

Por último, a edil popular anuncia que preguntará aos socialistas polos motivos polos que este contrato, cuxos pregos foran aprobados a principios de xuño de 2016, a día de hoxe continúa “cunha gran incertidume con respecto á data na que se adxudicará e se finalizará o proceso”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies