Zona Rural

El PP acusa al gobierno de “dar limosna” a las parroquias en el plan de inversiones

By 25 junio, 2017No Comments

El concejal Manuel López denuncia que “lo que Méndez prevé para el asfaltado de pistas de la zona rural no llega a un euro por cada 100 metros de vías al suponer un 80% menos de lo que había aprobado en 2015 López Orozco”

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Manuel López acusa ao goberno local de “practicar a esmola” coas parroquias da zona rural.

Logo de analizar a documentación do plan de investimentos de 2017, o edil popular asegura que “esta previsión volve desenmascarar aos socialistas” ao demostrar, “unha vez máis”, que “o que din está nas antípodas do que practican”, xa que “cánsanse de presumir de impulsar a zona rural cando a realidade é que lle destinan contías ridículas no lugar no que mellor se establecen as prioridades, que son os orzamentos e os investimentos”.

Nesa liña, Manuel López censura que, sumando os tres capítulos que se prevén para as 54 parroquias, “o importe total é ridículo” ao representar só 109.800 euros (80.000 euros para pistas, 20.000 euros para iluminación e 9.800 euros para marquesinas), unha contía que supón menos dun 3% do total do capítulo de investimentos. “Aí é onde se ve cal é a preocupación do goberno local, que se pode resumir ao mínimo absoluto”, expón, ao tempo que destaca que “como mostra da irrelevancia destas partidas que “o que Méndez prevé para o asfaltado de pistas da zona rural non chega a un euro por cada 100 metros de vías ao supoñer un 80% menos do que aprobara en 2015 López Orozco”.

Para o concelleiro popular de zona rural “estas cifras son insostibles se miren dende onde se miren”, dado que supoñen unha “infrarrepresentación” con respecto a “todos os criterios que se apliquen”, en alusión tanto ás necesidades a cubrir, ao peso demográfico “e conscuentemente, aos impostos que pagan os residentes das parroquias” e á superficie que representan as 54 parroquias. “Ninguén pode defender estas partidas, que non poden ser cualificadas doutra maneira que de inxustas e moi escasamente dimensionadas”, subliña.

Por último, o edil popular considera que “a ausencia de previsión de destinar fondos municipais para saneamento e abastecemento de auga non só poñen de manifesto que renuncian a estes proxectos imprescindibles para o asentamento de poboación na zona rural senón que tamén deslexitiman ao goberno local para reivindicar que outras administracións acheguen diñeiro”. “Aínda así, é algo que tristemente non nos extraña porque vén sendo a tónica habitual dos socialistas neste Concello, que nin sequera se molestaron en adicar nin un só euro á zona rural do máis de medio millón de euros procedentes do Plan Único da Deputación”, conclúe. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies