Medio AmbienteObras

El PP acusa al PSOE “de negarle a los lucenses usar durante más horas y con más seguridad el paseo del Rato”

By 3 agosto, 2016No Comments

El viceportavoz del Grupo Popular Antonio Ameijide pregunta al gobierno y a la Diputación cuando van a instalar las 282 luminarias del proyecto de iluminación del Rato que se firmó, hace más de un año, entre ambas instituciones

Os populares consideran un “fraude para os lucenses” e “un continuo engano aos usuarios do Parque do Rato” o bloqueo do proxecto integral para mellorar a seguridade e iluminación desta zona de esparcemento.

Ameijide pregunta a alcaldesa cando ten pensado acometer esta actuación xa que “hai  pouco máis dun ano (20 de maio de 2015) que se aprobou en, xunta de goberno e fóra da orde do día, un convenio coa Deputación para instalar o alumeado público no parque do Rato”. O vicevoceiro do PP destacou que foi Lara Méndez “sendo vicepresidenta da Diputación a que asinou este compromiso en plena campaña electoral das municipais” lamentado que “as présas que tiveron daquela non se concretasen, e que o proxecto de iluminación sega no aire”. O edil do PP referíase á presentación do proxecto con que se fixo “por todo o alto”  na casa do concello na que “non faltou o mínimo detalle con cartelóns explicativos dunha actuación que nin tan sequera foron quen de iniciar”. En total os socialistas  anunciaron a colocación de 282 luminarias (143 luminarias, 3 proxectores no paseo e 103 no vial) nun trayecto de 7 quilómetros por un importe de 1,4 euros.

Antonio Ameijide insiste en que se trata dunha intervención “moi demandada polos lucenses” e que o PP a reclamou ata en tres ocasións en pleno. “A primeira foi en decembro de 2011 e non saiu adiante ao rexeitala tanto o PSOE como o BNG;  a segunda iniciativa de setembro de 2014 e  a terceira proposición de febreiro de 2015 si se aprobaron co apoio dos votos do BNG” lembrou Ameijide.

Á vista da inacción dos socialistas e do reiterado incumprimento dos acordos de pleno dende o Grupo Popular esixen ao goberno de Lara Méndez que tome unha decisión e que se materialice o convenio coa Deputación para instalar o alumeado público do paseo do Rato así como  outras actuacións de mellora desta zona de esparcemento.

O vicevoceiro do PP explicou que  a  iluminación da zona é mínima e que “o único que atopamos son as bases de formigón  dos puntos que houbo, nalgún momento, abandonadas” o que reduce o tempo para que os lucenses podan disfrutar desta zona.

Con respecto ao firme da estrada que rodea o paseo é necesaria a súa repavimentación “tamén prometida, dende hai 5 anos, pola Deputación”. “Neste momento o firme presenta un estado de desgaste moi acusado, con socavóns e blandóns, provocando problemas de falla de agarre e deslizamentos dos vehículos”, indicou Ameijide. O concelleiro popular urxe a que se acometa esta intervención “tendo en conta que, nesta vía, se incrementou o tráfico xa que é un dos accesos que se utilizan para achegarse ata o HULA”. De feito, a intensidade por esta estrada  multiplicouse por sete trala entrada en funcionamento do centro sanitario, ao pasar dunha media de 650 vehículos diarios a 4.500.

Os populares tamén alertan da necesaria limpeza do cauce que está invadido pola maleza. Ameijide explicou que o abandono que presenta o cauce provoca malos olores en verán e crecidas no inverno que provocan inundacións arranstrando o pavimento dos sendeiros.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies