Turismo

El PP acusa a los socialistas de infravalorar la muralla como bien mundial

By 13 noviembre, 2015enero 29th, 2016No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira lamenta que, a dos semanas de la celebración del XV aniversario de la Muralla como Patrimonio de la Humanidad, se desconezcan los actos para conmemorar la efeméride

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira lamenta que, a dos semanas da celebración do XV aniversario da muralla como Patrimonio da Humanidade, se descoñeza a programación de actos para celebrar esta efeméride. “Lugo e a Muralla son dúas palabras que para os lucenses van unidas polo que é inadmisible que, ano tras ano, os socialistas non deran os pasos necesarios para promocionar este monumento tal e como se merece” reflexionou a edil popular.

Os populares afirman que ter un monumento coa distinción de Patrimonio da Humanidade “é algo polo que moitas cidades darían o que fóra porque son conscientes do que esto significa para a promoción turística e cultural do municipio”. Castiñeira  insiste en que en Lugo “polo desinterese e falla de visión política, tanto do anterior como do actual goberno socialista, provoca que non souberan poñer en valor, nin promocionar este monumento”. Jaime Castiñeira matizou que “nunha houbese imaxinado,que logo de quince anos de que a muralla conseguise este importante recoñecemento, pola desidia do goberno chegásemos a unha data tan sinalada sen pena nin gloria”.

Dende que a muralla foi declarada pola Unesco, no ano 2000, como  ben Patrimonio da Humanidade o Grupo Municipal do PP  presentou diferentes propostas para a súa posta en valor. Agora coincidindo co décimo quinto aniversario da celebración os populares insisten en que “hai que ser ambiciosos e que hai que organizar con tempo suficiente unha programación que non se ciña só a un evento puntual que coincida co 30 de novembro, data na que se outorgou a distinción”.

Se ben para os populares “a promoción da muralla debe estar presente durante todo o ano” consideran preciso que “se organice un calendario de actos concreto para promocionar con tempo a conmemoración da muralla como Patrimonio da Humanidad”.O popular mesmo aportou diferentes ideas como por exemplo “a organización de probas deportivas con repercusión mediática que teñan como telón de fondo á muralla”. Nesa liña o voceiro dos populares explicou que “se podería estudar a posibilidade de potenciar a carreira Lugo Monumental e establecer como data fixa para esta proba o último fin de semana de novembro, mellorar os premios e invitar a atletas de renome para intentar que se retransmita esta carreira na que partipan unhas 1.300 persoas”.

Os populares avanzan que  presentarán un rogo para que “se dé cumprimento ao acordo do pleno de decembro de 2008 onde se aprobou á constitución dunha comisión específica para consensuar, entre todos os grupos políticos con representación na corporación, os actos conmemorativos da celebración da declaración da muralla como Patrimonio da Humanidade”.  O popular incluso apuntou a posibilidade planificar actividades conxuntas nas que tamén se promocione o Camiño Primitivo declarado este ano  Ben Mundial.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies