Educación

El PP acusa a Lara Méndez de despreciar una inversión de 4M€ para infraestructuras educativas

By 15 junio, 2016No Comments

El portavoz del Grupo Popular Jaime Castiñeira, lamenta la postura de victimismo de la alcaldesa que “en vez de brindarse a colaborar con la Xunta opta por atacarla tachando de electoralistas unas inversiones que son reales”

O voceiro do Grupo Popular amosou a súa sorpresa polo “desprezo da alcaldesa dun investimento de 4M€ para melloras dos centros educativos de Lugo”. Castiñeira afirma que “o goberno socialista pretende ocultar a súa falta de xestión e a súa neglixencia xogando ao victimismo”.

O voceiro popular lamenta que Lara Méndez tache de “electoralistas uns investimentos que son reais” engadindo que “se trata de 26 actuacións concretas en 12 centros educativos da cidade”.  Jaime Castiñeira pediu aos socialistas que se poñan as pilas e que fagan todo o posible para que estes investimentos sexan unha realidade” instando para que “en vez de por atrancos e de boicotear estas actuacións poñan todas as facilidades para que as intervencións programadas se podan levar a cabo canto antes”. “Estamos falando de obras que hai que executar nos meses de verán cando non hai estudiantes nas aulas”, matizou.

Das 26 actuacións o popular destacou o 1,7M€ e os 462.000 € para  ampliar o CIFP e o CEIP de As Mercedes así como os os 523.000 € para facer o novo CEIP do Sagrado Corazón, os 496.000 € para a reforma integral do CEIP do Rosalía de Castro; tamén figura unha partida de 315.000 €  para as cubertas de Ramón Falcón, IES Ollos Grandes e no IES Lucus Augusti, no CEIP do Quiroga Ballesteros ; 118.126 € en obras para mellorar as instalacións eléctricas; 100.000 € para a adecuación de talleres no Politécnico ou os 19.846€ para renovar o pavimento do pavillón Lucus Augusti entre outras intervencións.

O popular recriminou a actitude da alcaldesa nos proxectos do novo colexio do Sagrado Corazón xa que “o goberno local ainda non foi quen de por a disposición da Xunta os terreos necesarios” e con respecto a ampliación de As Mercedes lembrou que a obra está “pendente de licencia municipal dende o mes de decembro”.

Castiñeira lembrou que a financiación destas obras é gracias aos fondos que Galicia recibiu por cumprir os obxectivos do déficit “Lugo é unha das beneficiadas da política económica que levou a cabo o goberno do PP na Xunta sería unha mágoa botar pola borda o traballo realizado”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies