transparencia

O PP advirte de posibles reclamacións por responsabilidade patrimonial pola inacción na resolución de queixas

By 22 diciembre, 2016No Comments

Ana López Pombo lamenta que “os socialistas, que presumen de que unha das súas señas de identidade é a participación cidadá, fagan oidos xordos a reclamacións que se reiteran na Comisión de Suxestións”

A concelleira  do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ana López Pombo, criticou “a inacción dos socialistas á hora de resolver os problemas dos lucenses” e puxo como exemplo desta actitude o deficiente funcionamento da Comisión de Suxestións “un termómetro perfecto que reflicte a indiferencia coa que o goberno local trata as preocupacións dos veciños”.

A popular matizou que “a maiores do desprezo por resolver algunhas cuestións se suma, agora, o risco de que por facer oídos xordos algunhas das queixas pendentes podamos enfrontarnos a reclamacións por responsabilidade patrimonial”.

Ana López Pombo refírese a casos como o das 6 reclamacións que presentou unha veciña de Rafael de Vega por mor dos ruídos que sufre na súa residencia como consecuencia dunha actividade empresarial que hai no baixo do seu edificio. A edil do PP explica que a problemática, que vive esta lucense, se remonta ao mes de abril indicando que o goberno local, de momento,  tan só contestou a 1 das queixas formuladas. Para López Pombo a resposta que se lle dá a afectada “non aporta ningún tipo de instruccións para resolver este asunto”. López Pombo engadiu que neste caso de contaminación acústica “os socialistas deberían sonroxarse xa que e malia que hai medicións que demostran que se superaron os límites sonoros non se iniciou ningún  procedemento sancionador”. A popular conmina ao goberno local “a que tomen cartas neste asunto e deixen de mirar cara a outro lado xa que o Concello ostenta a lexitimación pasiva en canto ao titular da competencia de intervención sancionadora en materia de contaminación acústica” . A concelleira popular insiste en que “a inactividade ou pasividade dos socialistas pode sairnos moi cara se veciñas, como a de Rafael de Vega, deciden reclamar danos e perxuizos”.

López Pombo reflexionou sobre “as formas coas que os socialistas despachan os problemas do día a día dos lucenses” recriminándolle “a  alcaldesa a súa desidia á hora de organizar á policia local xa que a súa falta de dirección política provoque que se culpe aos axentes de cuestións que están fóra do seu alcance”.

A concelleira popular avanzou que “na reunión de mañá da Comisión de Suxestións insistirá para que as respostas que emita este organismo non se queden en contestacións tipo, o goberno local debe esforzarse para que os informes estén en prazo e proporcionen solucións efectivas”, puntualizou a edila.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies