Infraestructuras

El PP advierte del peligro que supone para usuarios y peatones que el carril bici de la Ronda del Carme solo tenga 1 metro de ancho

By 7 mayo, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que en cuanto se ponga en servicio esta vía ciclista en la Ronda do Carme puede generarse un caos constante debido a los atascos que pueden producirse, así como el riesgo para conductores y acompañantes en el acceso y bajada de los vehículos, sin olvidar los problemas para los ciclistas al abrir directamente las puertas de los acompañantes en el carril bici

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, avisa dos posibles perigos que presenta o carril bici que Méndez e Arroxo xa que despois de estudar o proxecto e ver ‘in situ’ os traballos que se están a facer para desenvolver o mesmo pola cidade, queda claro que hai situacións nas que ciclistas, peóns e condutores terán que convivir e invadir zonas reservadas exclusivamente para bicicletas.

Ameijide alerta de que en canto se poña en servizo esta vía ciclista na Ronda do Carme o caos pode ser o gran protagonista por mor dos atascos que se poden xerar, sen esquecer o risco para condutores e acompañantes no acceso e baixada dos vehículos, sen olvidar os problemas para os ciclistas ao abrir directamente as portas dos acompañantes no carril bici

O Popular explica que este carril bici deseñouse en moitos treitos de dobre sentido, sendo un carril cun ancho total de 2 metros en moitas zonas, o que semella insuficiente xa que a maioría das bicicletas actuais contan con manillares de entre 68 e 80cm de ancho. “Vemos como poden xerarse situacións perigosas para os futuros usuarios ao confluír dous ciclistas xa que pasarán moi xustos, podendo producirse choques ou caídas”, sinalou.

Hai zonas, como a confluencia da rúa Santiago, Ronda do Carme e as costas do parque de Rosalía de Castro onde existe un perigo evidente para os ciclistas xa que é un dos cruces máis perigosos e complicados da cidade e Lara Méndez permite que o carril bici teña un remate “abrupto” neste cruzamento de vías.

Tamén é amplamente mellorable a situación na que queda o carril bici ao carón dos aparcadoiros dos vehículos. O vicevoceiro popular explica como a saída dos vehículos para as persoas que viaxen no asento do acompañante “non é a idónea” xa que ao baixar do coche non lle queda máis remedio que invadir o carril bici para realizar calquera movemento.

Este carril bici que, sen ser unha mala idea, naceu baixo un plantexamento erróneo, xa que a rexedora quere facer esta nova vía “ás présas” motivo polo que o proxecto xa sufriu varios cambios sobre a marcha. “O que queda claro é que o carril bici non escapa á política de parches de Méndez e Arroxo nas obras municipais e, neste caso, coma hai que gastar fondos europeos, danlle para adiante sexa coma sexa”, lamentou.

Antonio Ameijide recorda como hai uns meses xa se lle pediu a Lara Méndez que “lle dera unha volta ao proxecto” xa que con este carril bici vai a eliminar case 350 prazas de aparcamento na cidade, a pesar de todos os problemas que a diario teñen os lucenses para poder estacionar nas rúas.

O proxecto, que se licitou por 1.226.979,93€, contempla a eliminación de 336 prazas de estacionamento en só 14 rúas da cidade (Paseo do Miño, Dona Urraca, Pintor López Guntín, Río Ulla, Rúa da Saúde, Rúa Azalea, Fonte dos Ranchos, Marqués de Ombreiro, Xermán Alonso, Rúa Orquídea, Rúa Ameneiro, Río Navia, Concepción Arenal e Frai Plácido Rei Lemos). De novo nos atopamos como lle dan luz verde aos proxectos se presentar alternativas ao tráfico, xa que unicamente prevén a creación de 95 prazas de estacionamento en dous novos aparcadoiros disuasorios “xustamente nas zonas nas que menos problemas hai para deixar o coche”.

O concelleiro popular sinala que estudiando polo miúdo o proxecto vemos como só se centra nunha zona da cidade, polo que as case 350 prazas de aparcamento que desaparecerán se concentran nunha zona da cidade, con edificios antigos, carecendo a maioría deles de garaxe, polo que os veciños afectados non terán alternativas, nin opción de alugar unha praza, debido a que nesta zona practicamente non hai opción. “Están a facer política para uns poucos, xa que o plan de carrís bici que queren desenvolver só da cobertura a menos do 20% da cidade e esquece totalmente o campus, os centros de formación profesional, os centros educativos e o propio centro da cidade, todos eles puntos nos que a cidadanía demanda itinerarios seguros en bicicleta”, apuntou.

Se de verdade queremos un Lugo máis accesible temos que mirar por facer unha cidade accesible a nivel global “non quedarnos só nunha zona”.

Novos servizos na Residencia

Antonio Ameijide pon de relieve a perda de prazas de estacionamento que se producirá nunha zona como A Residencia, onde se perderán 322 prazas para aparcar, unha zona na que “son e serán moi necesarias” xa que alí se abrirá un centro de saúde, un PAC, unha residencia para persoas da terceira idade, unha oficina de emprego e un centro de emprendemento.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies